terça-feira, 12 de maio de 2009

Flocos.tv

Clica na imaxe para entrar na sua páxina web.

Primeiro portal de internet onde se poder ver filmes en toda a súa duración e con excelente calidade. A Axencia Audiovisual Galega materializa así un vello obxectivo que é dotar á produción galega dunha plataforma na rede para que toda persoa interesada do mundo poda ver na súa totalidade os filmes alí almacenados. Con Flocos.tv a Consellaría de Cultura e Deporte pon ao desfrute de todos os galegos boa parte da producións subvencionadas, a recuperación de producións históricas, ao marxe das axudas da administración e filmes amadoristas.

Licenza
:Todas as curtas exhibidas en Flocos son propiedade do seu autor ou detentor do copyright.

A interface da web así como as imaxes de Flocos —agás os textos e as imaxes que constan nas fichas das curtas— están suxeitos a unha licenza Creative Commons de compartir igual. Iso significa que podes copialos, distribuílos e comunicalos publicamente, e facer obras derivadas deles, sempre que sinales quen é o seu autor (ou sexa, Flocos), non fagas un uso comercial da obra e o teu produto resultante inclúa esta mesma licenza.

O desenvolvemento da web fíxose empregando software libre. O código fonte está liberado baixo a licenza GNU Affero General Public License, compatible coa GPL 3.0.

En caso de dúbida sobre os dereitos dunha curta ou dalgún material desta web, ponte en contacto coa Axencia Audiovisual Galega.

Nenhum comentário:

Postar um comentário