quinta-feira, 10 de setembro de 2015

Práctica 1: Creación blog e carga entrada música


Nesta ligazón está o arquivo cas instruccións para as primeiras tarefas:
  • Creación de conta de correo en Gmail.
  • Creación dun blog en Blogger.
  • Carga entrada música.

Lembra que todos os arquivos deben estar escritos en lingua galega. Podes empregar un tradutor on line, como por exemplo: TRADUTOR DA XUNTA. ou calquera corrector online.

quarta-feira, 9 de setembro de 2015

Práctica 2: Creación sitio web en Google Sites, páxina arquivador e arquivo Sites.pdf


  • Creación  dun sitio web en Google Sites (escollemos prantiña en branco e deseño libre). O nome do sitio e a sua dirección deben incluir a palabra tic (1ºBach) e o teu nome.
  • Creación dunha páxina tipo arquivador. O nome da páxina debe ser Tema1 (1ºBach).
  • Buscar información e 3 imaxes en Internet sobre Google Sites.  Empregando Open Office Writer elaborar un documento (Sites.odt) dunha páxina coa información e as imaxes (25 liñas, tamaño letra14). Exportar o documento a un arquivo Sites.pdf.
  • Subir o arquivo Sites.pdf á páxina  Tema1 (1ºBach), copiando a sua dirección (http://....).
  • Creación dunha entrada no blog co título Tema1 (1ºBach). Dentro da entrada escribir a verba Google Sites con ligazón a dirección anterior (http://....) de tal xeito que o clicar nela nos leve o documento Sites.pdf.

terça-feira, 8 de setembro de 2015

Tema 1 Sociedade do Coñecemento. Actividade1


  • Seguindo as instrucións da práctica 2, sube ó teu sitio en Google Sites as actividades correspondentes o tema 1. 
  • Cada actividade é un arquivo en formato pdf e hai que subilas por orde. (Dentro da tua páxina TEMA 1 de Google Sites terás todos o arquivos ACTIVIDADE1.PDF, ACTIVIDADE2.PDF, ...etc)
  • Crea unha entrada no teu blog co nome TEMA 1 SOCIEDADE DO COÑECEMENTO  e vai cargando cada unha das actividades  a través da súa ligazón. (Terás unha lista de textos ACTIVIDADE1, ACTIVIDADE2, etc e en cada un deles farás unha ligazón ó arquivo correspondente en pdf, de xeito que ó clicar no texto se abra o arquivo). Copia tamén o enunciado da actividade.

ACTIVIDADE1.pdf
Crea unha táboa de 5x2. Na columna da esquerda irán os textos correspondentes os conceptos indicados mais abaixo (aprox 12 liñas en tamaño de letra 12). Na columna da dereita irán imaxes relacionadas descargadas de Internet nun tamaño proporcionado ó texto (o mesmo tamaño para todas as imaxes). Os conceptos (están definidos na pax 11 do libro e se trata de engadir información ata completar as 12 liñas necesarias) son os seguintes:
  •     Sociedade de información. 
  •     Sociedade do coñecemento.
  •     Brecha dixital.
  •     Alfabetización dixital.
  •     Adición as novas tecnoloxías.


segunda-feira, 7 de setembro de 2015

Tema 1 Sociedade do Coñecemento. Actividade 2. Evolución do ordenador

ACTIVIDADE2. pdf
Táboa en formato libre que incluia todos os conceptos da táboa 1 da páxina 13 do libro e unha imaxe de cada un deles. Os textos deben ser o do libro (non é necesario engadir nada).

domingo, 6 de setembro de 2015

Tema 1. Sociedade do coñecemento. Actividade 3. Cidades intelixentes

ACTIVIDADE 3.pdf
Desenrola os seguintes conceptos da páxina 15 do libro mediante parágrafos de 15 liñas aproximadamente e letra de tamaño 12, ampliando a información do libro:

  • eAdministración.
  • Teletrabajo.
  • Gestión de tráfico.
  • eSalud.

sábado, 5 de setembro de 2015

Tema 1. Sociedade do Coñecemento. Actividade 4. Identidade dixital

ACTIVIDADE4.pdf
Desenrola os seguintes conceptos da páxina 15 ca información do libro (non é necesario engadir nada máis) e busca 2 imaxes para ilustrar cada concepto. Compón un documento de 2 ou 3 páxinas.

  • DNIe.
  • Certificado dixital.

sexta-feira, 4 de setembro de 2015

Tema 1. Sociedade do Coñecemento. Actividade 5. Información virtual

Crea unha nova entrada no teu blog co nome INFORMACION VIRTUAL. En formato libre desenrola os seguintes contidos buscando a información na rede e ilustra cada concepto cun vídeo da rede (duración non superior a 3 minutos si é posible). Non se trata de poñer moita información sinón de intentar explicar os conceptos para que os comprendan os teus compañeiros de clase.

  • Xeolocallización.
  • Realidade aumentada.
  • Licencias Creative Commons.
  • Macrodatos (Big Data).

quinta-feira, 3 de setembro de 2015

Tema1. Sociedade do Coñecemento. Domótica


Nesta ligazón atoparás a Guía Técnica BT51, elaborada polo Ministerio de Industria, para as instalacións de sistemas de automatización, xestión técnica da enerxía e seguridade para vivendas e edificios.
Cos contidos que se enumeran a continuación crea unha entrada nova no teu blog co nome de Tema 1 Sociedade do Coñecemento: DOMOTICA.
  • Campo de aplicación.
  • Fines principais dos sistemas domóticos.
  • Define os 3 sistemas denominados como domóticos.
  • Pon exemplos de nodo, actuadores e dispositivos de entrada.
  • Fai a táboa cos dispositivos dunha vivenda con grao de automatización normal, indicando funcionalidade e aplicación de cada un.

quarta-feira, 2 de setembro de 2015

Tema1. Sociedade do Coñecemento. Robótica

Nesta ligazón atoparás a unha unidade didáctica elaborada polo profesor José Antonio Chaves.
Cos contidos que se enumeran a continuación crea unha entrada nova no teu blog co nome de Tema 1 Sociedade do Coñecemento: ROBOTICA.
  • Definición completa de Robot e Robótica. Explica os termos reprogramable e multifuncional aplicados a un robot.
  • Características dos robots. 
  • Tipos de robots según o sistema de coordenadas. Captura de pantalla os debuxos de sistemas de coordenadas e os pegas en Open Office Draw, os recortas e engades os textos correspondentes co cadro de textos que aparece no cadro de ferramentas da parte inferior da pantalla. Unha vez rematado exportas o arquivo en formato .PNG e o insertas como imaxe no teu blog
  • Tipos de sensores empregados nos robots. En cada apartado inclue unha imaxe.
  • Clasificación xeral. En cada apartado inclue unha imaxe.

terça-feira, 1 de setembro de 2015

Tema 1. Sociedade do Coñecemento. Intelixencia Artificial


Nesta ligazón atoparás un documento elaborada pola Universidade de Valencia. A información que necesitas está nas 6 primeiras páxinas do documento.
Cos contidos que se enumeran a continuación crea unha entrada nova no teu blog co nome de Tema 1 Sociedade do Coñecemento: INTELIXENCIA ARTIFICIAL
  • Definición de Intelixencia Artificial explicando para qué serven as súas técnicas e metodoloxías.
  • Obxectivos básicos.
  • Definición de Sistemas de Procesamento de linguaxe natural.
  • Definición de Recoñecemento de Visión.
  • Definición de Sistemas Baseados no Coñecemento e Sistemas Expertos.
  • Definición de Redes Neuronais.
  • Definición de Sistemas Inductivos.