segunda-feira, 2 de dezembro de 2013

Práctica 5: Vídeo Picasa Tema 3 Seguridade Informática.wmv

Vídeo sobre Seguridade informática (Tema 3 do libro) realizado con Picassa 3.
  • 1ª diapositiva de texto ( a inserta o programa automáticamente cando seleccionamos as imaxes e vamos o menú Crear>Película) : nome, curso, data, título do traballo, IES Val do Tea. Escollemos estilo de transición (libre) e dimensións 1024 x 768.Cando teñamos rematado todo o traballo insertaremos nesta 1ª diapositiva o audio (pode ser o mesmo tema musical da práctica 4, música galega non tradicional, si é o suficientemente longo para que dea tempo a ler todas as diapositivas).
  • Diapositivas de texto: en tamaño de letra 12 cada diapositiva debe ter entre 8 e 12 liñas de texto. Escollemos prantiña, fonte e cores libremente. Correspóndense cos seguintes subapartados do libro:
-Qué é a seguridade.
-Qué hai que protexer.
-De qué hai que protexerse.
-Medidas de seguridade activas e pasivas.
-S.A.I.
-Virus e malware.
-Clasificación de malware (pode ocupar máis de 12 liñas).
-Antivirus.
-Chequeo online gratuito.
-Cortalumes.
-Qué é unha copia de seguridade.
- Planificación.
-Qué hai que copiar.
-Ferramentas que realizan copias de segridade.
-Restaurar copias de seguridade.
-Ollo co correo electrónico.
-Risco das descargas.
-Phising.
-Cookies.
  • Intercaladas entre as diapositivas de texto deben ir imaxes, similares ás do libro, descargadas de Internet ou capturas de pantalla. Retocarémolas con Picasa (si é necesario en cor e brillo, recortando, endereitando, etc), e aplicando filtros variados. Podemos escribir texto nas imaxes ca ferramenta de texto.

sexta-feira, 13 de setembro de 2013

Práctica 3: Presentación Tema 6 Fauna.odp

  • Realizar a presentación Fauna.odp seguindo as indicacións do Tema 6 do libro.
  • Subir o arquivo Fauna.odp á páxina  1ª avaliación de Google Sites, copiando a súa dirección (http://....).
  • Modificación da entrada no blog 1ª avaliación Dentro da entrada escribir as verbas Presentación Fauna con ligazón a dirección anterior (http://....) de tal xeito que o clicar nela nos leve o documento Fauna.odp.

quinta-feira, 12 de setembro de 2013

terça-feira, 2 de abril de 2013

Tema 4 Internet: Video 1º Bach

Realizaremos un vídeo empregando Movie Maker, cos apartados correspondentes do tema 4 do libro,que debe conter:

*20 fotos retocadas.
*4 collages feitos cas fotos anteriores.
*15 diapositivas de texto: na primeira poñeremos os datos (Ies Val do Tea, data, nome do traballo, nome do alumno). A derradeira debe incluir os créditos, como se fose unha película (autor, fontes de información e páxinas web empregadas para a busca da información, música empregada no vídeo citando tema e autor, e calquera outra información incluida no vídeo). As restantes 13 deben ir intercaladas ó longo do traballo para a exposición do tema.
*1 video descargado de Internet ou feito por ti, (poderia estar en castelan ou portugues se non o atopas en galego) cunha duracion aproximada de 1 minuto en formato WMV. (Podes recortalo e/ou modificar o formato con Format Factory).
*1 tema musical libre, dentro da música galega (non tradicional) actual en formato mp3. Si o descargas de Youtube podes empregar youtubetomp3 (online) para extraer o son. Na seguinte ligazon (Musicaengalego) atoparedes grupos galegos de diferentes estilos musicais:
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2011/06/flok-celtic.html

O tema, igual que o video, debe durar entre 3 e 5 minutos. 


CARGA DO VÍDEO NO BLOGUE:
1.Sube o vídeo con Picassa3, ó album "Vídeo Movie Maker". Unha vez subido, copiar o código en : Enlace a esta foto > Incrustar imaxe (previamente Seleccionar tamaño 400).
2.Para cargar o vídeo no teu blogue, lembra que debes entrar no Deseño>Engadir un gadget > HTML Javascript, e pega o código do vídeo que copiaches anteriormente.

Wikis e blogs.
*David.    Mus:Bailaré sobre tu tumba.Siniestro Total.
*Tomás    Mus:.
*Alba: Mus:Planeta 19.Boy Eliott e The Plastic Bags.

 Publicar e compartir fotos e videos.       
*Julio. Mus:  ().
*Pablo . Mus:Pipermint.Capitán Furilo.
*Angel.  Mus:( ).

RSS e podcast.
*Omar. Mus: ().
*Aloia. Mus: Podo prometer e prometo.Martelo.
*Jose Luis.  Mus:( ).

Xeolocalizacion e xeoreferenciacion.
*Laura D. Mus: Bocata e futbolín. Iván Ferreiro.
*Iván. Mus:( ).
*Samuel.  Mus:( ).

Ensino e aprendizaxe a distancia.
*Paula. Mus:Pipermint.Capitán Furilo.
*Fran. Mus:Galicia Calidade.Ambito Kinitoh.
       
Aplicacions en liña.
*Jose: Mus:Irreal.Atlantic Valley.
*Bastián: Mus:Años 80.Iván Ferreiro.
*Laura I: Mus:( ).

Redes P2P.
*Eloy. Mus:Carmiña Vacaloura. Collón de Lola.
*Iria. Mus:( ).
*Diego.  Mus:El sueño de una noche de verano. Delahoja.

         

domingo, 10 de março de 2013

Tema 9 : Tratamento dixital imaxes 1º Bach

Traballos a realizar do Tema 9 : Tratamento dixital imaxes, cada un nunha entrada do teu blog.
  • Táboa formatos pax 222: entrada no blog cunha imaxe da táboa en formato jpg e ligazón ó arquivo en Google sites en formato pdf.
  • Filtros: entrada no blog, donde debes ter as fotos retocadas das paxinas 233 ata 235. Debes cargar no album as seguintes fotos : fig 39 (castelooropesa1),42(castelooropesa2),43(calpe1),44 (castelooropesa3),45 (calpe2), act7pax235(calpe3), act8pax235(calpe4), act9pax235(calpe5).

  • Máscaras: entrada no blog con duas imaxes (rosa.jpg é a fig. 50 da páx. 237; hipopótamo.jpg é a fig.58 da páx. 23).
  • Composición: entrada no blog ca imaxe composicion.jpg (fig. 74 da páx. 245).
  • Patos: entrada no blog ca imaxe patos.jpg (act.1 da páx. 248).

  • Exame: entrada no blog ca imaxe correspondente.
As fotos necesarias estan aquí

segunda-feira, 28 de janeiro de 2013

1 BACH,4 ESO Info: Musica galega

Realizaremos un vídeo sobre música galega empregando Picassa3, que debe conter:
  • 15 fotos retocadas.
  • 3 collages feitos cas fotos anteriores.
  • 15 diapositivas de texto: na primeira poñeremos os datos (Ies Val do Tea, data, nome do traballo, nome do alumno). A derradeira debe incluir os créditos, como se fose unha película (autor, fontes de información e páxinas web empregadas para a busca da información, música empregada no vídeo citando tema e autor, e calquera outra información incluida no vídeo). As restantes 13 deben ir intercaladas ó longo do traballo para a exposición do tema.
  • 1 tema musical libre, dentro da música galega.
Nas diapositivas de texto faremos unha descripción dun grupo de música galega (compoñentes e instrumentos que tocan, ano de creación do grupo, estilo musical, discografía, ...etc).
Unha vez seleccionado o grupo, podemos atopar información e fotos deles en Google, Mspace ou Facebook.

CARGA DO VÍDEO NO BLOGUE: 
1.Sube o vídeo con Picassa3, ó album "Vídeo Picasa". Unha vez subido, copiar o código en "Enlace a esta foto" (tamaño 400).
2.Para cargar o vídeo no teu blogue, lembra que debes entrar no Deseño>Engadir un gadget > HTML Javascript, e pega o código do vídeo que copiaches anteriormente.