domingo, 18 de setembro de 2011

Ferramentas


Nos seguintes enlaces podemos ver o emprego destas ferramentas:

Ferramentas de medida 
Ferramentas de trazado

Mais ferramentas


Nos seguintes enlaces poderemos ver: 

Ferramentas para unir
Ferramentas para rematar
Elementos de protección 

Exercicios resoltos de calibres

Aquí tes os exercicios resoltos dos calibres.

No exame faremos exercicios moi similares a estes.

Medidas co calibre

Clica na imaxe para comprobar si sabes medir co calibre.
Temos dous modos de funcionamento, o modo estudo e o modo test.
  • No modo estudo podemos optar por realizar medicións de exteriores, interiores ou profundidades, dispoñendo para cada caso de varios calibres con nonios distintos e polo tanto distintas precisións.
  • No modo test hai exercicios para resolver, combinando tipos de medición e distintos calibres.

Manexo do calibre

Clicando na imaxe
  • No apartado outras imaxes, un calibre dixital.
  • No vídeo de manexo, o emprego do calibre para medidas exteriores, interiores e de profundidade.

sábado, 7 de maio de 2011

1º Bach Movie Maker

Traballo en Windows Movie Maker: realizar 1 vídeo con Windows Movie Maker. Debe incluir entre 10 e 15 fotos (retocadas con Picassa3 si é necesario), 1 vídeo corto, con título ó principio (nome traballo, data, IES Val do Tea), título superposto en cada foto (co texto necesario), títulos intercalados entre as fotos e créditos ó final (autor do traballo e fontes empregadas). A música do vídeo: tema libre. Os textos dos títulos (en galego) deben desenrolar os seguintes temas, (podemos resumir o que ven no libro no tema 4 e/ou buscar información en Internet): 
  • Jose S., Roberto, María: wikis e blogs. 
  • Pablo, Borja, Anxo: publicar e compartir fotos e vídeos.
  • Brais G., Adrián, Diego: RSS e Podcast. 
  • Javi, Carlos, Abel: Xeolocalización e xeorreferenciación.
  • Julio, Jose M.: Aplicacións en liña.
  • Brais S., Leticia: Redes P2P.

4º info Movie Maker Temas 8 e 9

Traballos en Windows Movie Maker: realizar 2 vídeos con Windows Movie Maker. Deben incluir entre 15 e 20 fotos (retocadas con Picassa3 si é necesario), con título ó principio (nome traballo, data, IES Val do Tea), título superposto en cada foto (co texto necesario), títulos intercalados entre as fotos e créditos ó final (autores do traballo e fontes empregadas). A música do vídeo: tema libre. Os textos dos títulos (en galego) deben desenrolar os seguintes temas, (podemos resumir o que ven no libro e/ou buscar información en Internet).


    • Vídeo 2: Servicios e Seguridade en Internet: Redes P2P, software libre e privativo, protección da intimidade (glosario), phishing (páxs.198 ata 205).

    • Vídeo 2: Traballo colaborativo: Wikis, blogs,BSCW  e RSS (páxs. 180 ata 187).

    quinta-feira, 28 de abril de 2011

    1º Bacharelato:Estamos rematando....

    Pois iso, que estamos rematando o curso. Aprendemos algunhas cousas, entre elas a debuxar. Pero nesta entrada do blog non se trata de amosar as nosas cualidades artísticas, senon de que por fin conozcades @s alumn@os mais ghuap@s...OS DE TIC!!



    Abel:non parece él, en persoa gaña moito (ten a cara enteira e non está asustado).

    Adrián: ten un mérito enorme, é capaz de traballar estando sentado con !!CARLOS!!

    Anxo: os seus pais atinaron totalmente co nome (ou me ten enganada).

    Borja: non ten esta cara de malote, en realidade é bo rapaz.

    Brais G.: Eu xa dixen que se afeitara, creo que será así dentro de 20 anos.

    Brais S.: Cando eu o coñecín, hai algún tempo, era así. Creo que intenta quitarse anos.

    Carlos: creo que intentóu aplicar unha innovadora técnica de perspectiva, non lle daría tempo a rematala.

    David:un dos alumnos que mais alegrías me da. Compartimos afición polo deporte.

    Diego: creo que o día que fixo o debuxo estaba enfadado. En persoa é mais guapo.

    Javi: eu non lle fixen nada, a cara de susto traía xa de casa.Na clase parece moito mais ledo.

    Jose M.:creo que este é un dos retratos mellor conseguidos, debe ser polo moito que traballa...

    Jose S.: non debuxa moi ben, pero o importante é que se lle ve ledo. As orellas xa chegarán...

    Julio: o pelo levóulle moito tempo, pero quedóulle moi ben. En persoa non se lle ven os ollos, pero o debuxo amosa que en realidade están ahí.

    Leticia:na realidade é mais guapa. Non falta nunca á clase, e iso que ten que aguantar a Jose...

    María:outra boa rapaza, na realidade ten dous ollos e tamén unha boca .

    Pablo: en realidade non é así, ten orellas e non está tan serio na clase.

    Roberto: o das patillas foi idea sua, creo que estaba mellor ó natural. O dos dentes sería despiste, creo que abaixo tamén debe ter.

    Samuel:no debuxo hai un parecido sospeitoso co de Anxo, eu en persoa non o aprecio tan claramente.

    Yago: esté é o outro alumno que me da alegrías. Non da tanto xogo como David porque non entra ó trapo, pero xa conseguiréi que se enfade algún día...

    sexta-feira, 8 de abril de 2011

    Tema 5:Son e vídeo 4º Informática

    Tema 5 : Son e vídeo, nunha entrada do teu blog.

    • Grabación de son paxs 90 e 91: entrada no blog cos textos correspondentes da páxina 90. Da páxina 91 deben aparecer 3 capturas de pantalla (Audacity, Grabadora de sons e Reprodutor de Windows do teu PC) e unha imaxe da tarxeta de son cos seus conectores (realizada en Open Office Draw, insertando unha imaxe descargada de Internet, engadindo os textos correspondentes ós conectores).

    terça-feira, 22 de fevereiro de 2011

    Visita ó Obradoiro de gaitas Gil (Ponteareas)

    Clica na seguinte foto para ver o vídeo da visita feita por alumnos de 3º e 4º de ESO. 
    Escoitaremos o tema Feitizo, dos amigos de Noitarega.



    Aquí tes unha presentación das fotos.

    quinta-feira, 13 de janeiro de 2011

    Tecnoloxía 4º PDC 2ª avaliación

    Nesta 2ª avaliación estudaremos dous bloques da materia de Tecnoloxía en 4º de ESO: electrónica dixital e control e robótica. 


    Clicando nesta ligazón dispoñedes dos arquivos necesarios, tanto a teoría como os exames correspondentes.

     Os libros dixitais están nesta ligazón de tecno12-18, donde entraremos nos bloques correspondentes (cada alumno ca súa clave), realizando a versión dinámica.

      Edición de Son

      Comezamos a traballar con Audacity:

      Nesta entrada do teu blogue deben aparecer 3 cousas:

      • Tipos de arquivos de son: extensión e breve resume das suas características.
      • Programas de edición de son: cita os mais conocidos, cunha breve definición das suas características.
      • Audacity: definición breve e principais características.
      • Titorial de Audacity: feito por ti donde expliques o funcionamento elemental do programa. Debe estar nunha ligazón a un arquivo en formato PDF en Google Sites. Este arquivo debe conter as capturas de pantalla , imaxes e ligazóns que consideres necesarias, ademais do texto correspondente.

      domingo, 9 de janeiro de 2011

      Música tradicional galega

      Realizaremos un vídeo sobre música tradicional galega empregando Picassa3, que debe conter:
      • 15 fotos retocadas.
      • 3 collages feitos cas fotos anteriores.
      • 15 diapositivas de texto: na primeira poñeremos os datos (Ies Val do Tea, data, nome do traballo, nome do alumno). A derradeira debe incluir os créditos, como se fose unha película (autor, fontes de información e páxinas web empregadas para a busca da información, música empregada no vídeo citando tema e autor, e calquera outra información incluida no vídeo). As restantes 13 deben ir intercaladas ó longo do traballo para a exposición do tema.
      • 1 tema musical libre, dentro da música tradicional galega.
      Nas diapositivas de texto faremos unha descripción dun grupo de música tradicional galega (compoñentes e instrumentos que tocan, ano de creación do grupo, estilo musical, discografía, ...etc). O grupo pode ser calquera, podemos tomar como referencia o listado que aparece aquí: asociación de gaiteiros galegos.
      Unha vez seleccionado o grupo, podemos atopar información e fotos deles en Google, Mspace ou Facebook.

      CARGA DO VÍDEO NO BLOGUE: 
      1.Sube o vídeo con Picassa3, ó album "Vídeo Picasa". Unha vez subido, copiar o código en "Enlace a esta foto" (tamaño 400).
      2.Para cargar o vídeo no teu blogue, lembra que debes entrar no Deseño>Engadir un gadget > HTML Javascript, e pega o código do vídeo que copiaches anteriormente.