sábado, 6 de setembro de 2014

Tema 5: Tratamento de textos 1 Bach



  • Seguindo as instrucións da práctica 2, crea a páxina  Tema 5 e sube ó teu sitio en Google Sites os exercicios correspondentes do libro. 
  • Dentro da tua páxina TEMA 5 de Google Sites terás os seguintes arquivos:
    1. XORNAL.PDF (fig21 páx115).
    2. HORARIO.PDF (fig30 páx 117).
    3. PARLAMENTO.PDF (fig31 páx118).
    4. APUNTES.PDF (fig 35 páx 120).
    5. ECUACION.PDF (fig 43 páx 122).
    6. ROBOTICA.PDF (act 8 páx 126 : o texto necesario está aquí).
    7. EXAME.PDF (act 10 páx 126).
  • Crea unha entrada no teu blog co nome TEMA 5 e vai cargando cada unha das preguntas de exame a través da súa ligazón. (Terás unha lista de textos PREGUNTA1, PREGUNTA2, etc e en cada un deles farás unha ligazón ó arquivo correspondente en pdf, de xeito que ó clicar no texto se abra o arquivo).


    domingo, 25 de maio de 2014

    Open Office Draw

    Para a realización de actividades en Draw, descargaremos ó noso cartafol un arquivo en formato PDF, na seguinte páxina de Google Sites:

    1. Seguindo as instruccións, crearemos os arquivos ACTIVIDADE1.ODG e ACTIVIDADE2.ODG. Hai que subilos a unha entrada do blog, que levará como título ACTIVIDADES DRAW. Cada un dos arquivos hai que exportalo previamente a JPG ou PNG para subilo ó blog.

    2. Abrimos o seguinte enlace ACOTACIÓN. Seguindo as instruccións, crearemos o arquivo ACOTACIÓN.ODG. Hai que subilo a unha entrada do blog, que levará como título ACOTACION DRAW, exportando previamente a JPG ou PNG.

    3.  Abrimos o seguinte enlace 3D. Seguindo as instruccións, crearemos os arquivos XADREZ.ODG e FRUTEIRO.ODG (nos que hai que facer a figura de xadrez do exemplo 4 e o frutero do exemplo 6). Hai que subilos a unha entrada do blog, que levará como título 3DIMENSIÓNS, exportando previamente a JPG ou PNG.

      terça-feira, 6 de maio de 2014

      terça-feira, 22 de abril de 2014

      Práctica 3 3ª aval Tema 9 Servicios e Seguridade en Internet: Vídeo Movie Maker 4º ESO Info

      Realizaremos un vídeo empregando Movie Maker, sobre Servicios e Seguridade en Internet (Tema 9) que debe conter:
      *15 fotos retocadas con distintos filtros de Gimp. Formatos das fotos jpg.

      *3 collages feitos cas fotos anteriores empregando Picasa3. Unha vez feitos os filtros e os collages, debemos levalos todos a un único cartafol chamado Tema 9.

      *17 diapositivas de texto: na primeira poñeremos os datos (Ies Val do Tea, data, nome do traballo, nome do alumno). A derradeira debe incluir os créditos, como se fose unha película (autor, fontes de información e páxinas web empregadas para a busca da información, música empregada no vídeo citando tema e autor, e calquera outra información incluida no vídeo). As restantes 15 deben ir intercaladas ó longo do traballo para a exposición do tema. O texto das dispositivas gardámolo previamente nun arquivo de Open Officce Writer.

      *1 tema musical en galego, dentro do grupo ou estilo que escollas en formato mp3. Si o descargas de Youtube, podes empregar youtubetomp3 (online) para extraer o son. Na seguinte ligazon (Musicaengalego) atoparedes grupos galegos de diferentes estilos musicais:

      http://musicaengalego.blogspot.com.es

      *O tema e o video deben durar entre 4 e 5 minutos. 
      *Crea unha entrada no blogue co nome Servicios e Seguridade en Internet e inserta o vídeo.

      segunda-feira, 21 de abril de 2014

      Práctica 2 3ª aval Tema 8 Sociedade da Información: Vídeo Movie Maker 4º ESO Info

      Realizaremos un vídeo empregando Movie Maker, sobre Sociedade da Información (Tema 8) que debe conter:
      *15 fotos retocadas con distintos filtros de Gimp. Formatos das fotos jpg.

      *3 collages feitos cas fotos anteriores empregando Picasa3. Unha vez feitos os filtros e os collages, debemos levalos todos a un único cartafol chamado Tema 8.

      *17 diapositivas de texto: na primeira poñeremos os datos (Ies Val do Tea, data, nome do traballo, nome do alumno). A derradeira debe incluir os créditos, como se fose unha película (autor, fontes de información e páxinas web empregadas para a busca da información, música empregada no vídeo citando tema e autor, e calquera outra información incluida no vídeo). As restantes 15 deben ir intercaladas ó longo do traballo para a exposición do tema. O texto das dispositivas gardámolo previamente nun arquivo de Open Officce Writer.

      *1 tema musical en galego, dentro do grupo ou estilo que escollas en formato mp3. Si o descargas de Youtube, podes empregar youtubetomp3 (online) para extraer o son. Na seguinte ligazon (Musicaengalego) atoparedes grupos galegos de diferentes estilos musicais:

      http://musicaengalego.blogspot.com.es

      *O tema e o video deben durar entre 4 e 5 minutos. 
      *Crea unha entrada no blogue co nome Sociedade da Información e inserta o vídeo.

      domingo, 20 de abril de 2014

      Práctica 1 3ª aval Tema 5: Grabación de son

      Entrada no blog ca información das páxinas 90e 91 do libro. O título da entrada é "Grabación de son".
      Nos tipos de arquivos de son engadimos formato mp3.
      As imaxes da páxina 91 poden ser descargas ou capturas de pantalla.

      segunda-feira, 31 de março de 2014

      Práctica 3 2ª aval Tema 4: Vídeo Picasa 3 4º ESO Info

      Realizaremos un vídeo empregando Picasa3, sobre música galega non tradicional (un grupo, estilo musical,...) que debe conter:
      *15 fotos retocadas.
      *3 collages feitos cas fotos anteriores.
      *17 diapositivas de texto: na primeira poñeremos os datos (Ies Val do Tea, data, nome do traballo, nome do alumno). A derradeira debe incluir os créditos, como se fose unha película (autor, fontes de información e páxinas web empregadas para a busca da información, música empregada no vídeo citando tema e autor, e calquera outra información incluida no vídeo). As restantes 15 deben ir intercaladas ó longo do traballo para a exposición do tema.
      *1 tema musical libre, dentro do grupo ou estilo que escollas en formato mp3. Si o descargas de Youtube, podes empregar youtubetomp3 (online) para extraer o son. Na seguinte ligazon (Musicaengalego) atoparedes grupos galegos de diferentes estilos musicais:

      http://musicaengalego.blogspot.com.es

      *O tema e o video deben durar entre 4 e 5 minutos. 
      *Crea unha entrada no blogue co nome do grupo e inserta o vídeo



      segunda-feira, 10 de fevereiro de 2014

      Práctica 2 2ª aval Tema 4: Imaxe 4 ESO Info

      5 Traballos a realizar do Tema 4: Imaxe, cada un nunha entrada do teu blog.
      • Presentación  Filtros GIMP: entrada no blog cunha presentación do álbum web de Picasa, donde debes ter 10 filtros distintos e orixinal da foto dun faro, feitos con Gimp.
      • Montaxe e filtros páx. 79: entrada no blog cas duas imaxes (montaxe.jpg e filtros.jpg). Descarga aquí as fotos orixinais.
      • Cartel tema libre páx. 81: : entrada no blog ca imaxe (cartellibre.jpg).
      • Meninas act. 6 páx. 83: entrada no blog ca imaxe (meninas.jpg) resultado de exportar a formato jpg o arquivo de Open Office Writer donde farás a táboa. Descarga aquí a foto orixinal.
      • Viaxe fin curso act. 4 páx. 84: entrada no blog ca imaxe (cartelviaxe.jpg).

      segunda-feira, 13 de janeiro de 2014

      Robótica 1º Bach

      1.Seleccionar 5 programas (3 obrigatorios e 2 optativos) entre os calificados con 3 estrelas para a sua realización en Robomind, na seguinte ligazón : Robomind Challenges .
      2.Crear en Google Sites unha nova páxina chamada Robótica. Dentro dela subir os arquivos de programa e os mapas correspondentes, na seguinte estrutura:
      • programa1.irobo
      • programa1.map
      3. Crear entrada no blog co título Robótica cunha ligazón a páxina do punto 2 e unha descripción de cada un dos 5 programas e o seu funcionamento.

      quarta-feira, 8 de janeiro de 2014

      Práctica 1 2ª aval:Tema 2 Redes informáticas 4 ESO Info

      De cada un dos 8 puntos do tema, tes que facer 1 entrada no teu blogue, que deben contar o seguinte contido:

      1. REDES INFORMÁTICAS.

      • Definición.
      • Tipos de redes.
      • Equipos dunha rede.
      • Redes WLAN.
      • Recurso compartido.
      • Conceptos básicos.
      • 1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube).
      • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema. 
      2. CREACIÓN DE REDES LOCAIS
      • Dispositivos de interconexión.
      • Instalación e configuración de dispositivos.
      • Conexión dos compoñentes.
      • Redes mixtas.
      • 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título.
      • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.
      3. CONFIGURACIÓN DUNHA REDE.
      • Configuración en Windows.
      • Identificación na rede.
      • Comprobar o funcionamento da rede en Windows.
      • Conectarse a unha rede WIFI dende un equipo.
      • Coñecer a dirección IP.
      • Ping.
      • 1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube).
      • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.
      4. XESTIÓN DE USUARIOS E PERMISOS.
      • Creación de grupos de usuarios.
      • Identificación.
      • Xestión de contas en Windows.
      • Espacio de traballo.
      • Tipos de usuarios.
      • Adxudicación de permisos en Windows.
      • 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título.
      • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema. 
       5. COMPARTIR RECURSOS

      • Compartir recursos en Windows.
      • Compartir impresoras.
      • Compartir recursos baixo diferentes sistemas operativos.
      • 1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube).
      • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.
      6. CONEXIÓN ENTRE DISPOSITIVOS MÓBILES  
      • Dispositivos móbiles.
      • Computación móbil e ubicua.
      • Tipos de conexión inarámica.
      • Adaptadores USB.
      • Blackberry.
      • 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título.
      • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema. 
      7. A REDE INTERNET
      • Servicios de Internet.
      • Tipos de conexión.
      • Ancho de banda.
      • 1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube).
      • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.
      8. CONEXIÓN A INTERNET
      • Proveedor de servicios de Internet.
      • Tipos de contas de acceso a Internet.
      • Módem e router.
      • Tipos de conexión.
      • Conectar o router cos dispositivos.
      • Configuración dunha conexión ADSL e comprobacións.
      • 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título.
      • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.