terça-feira, 12 de maio de 2009

Axencia Audiovisual Galega


Clica na imaxe para entrar na sua páxina web.
A Axencia Audiovisual Galega é unha unidade administrativa da Consellaría de Cultura e Deporte para apoiar e reforzar a creación audiovisual en Galiza. O principal obxectivo é consolidar un audiovisual con identidade de seu e fortaleza suficiente para situarse nun mundo globalizado.


A Axencia Audiovisual Galega é o foro común para todos aqueles que traballan a prol da creación audiovisual no noso país. A Axencia traballa mantendo un diálogo con todos os axentes do sector: produtoras, asociacións, medios, creadores, distribuidores, exhibidores, especialistas e público.
A Axencia aposta polo futuro, por incorporar á industria consolidada novos creadores, novos contidos e novas tecnoloxías. Neste senso apoia proxectos con innovación e talento e a progresiva incorporación dos formatos dixitais.

Nenhum comentário:

Postar um comentário