sexta-feira, 11 de dezembro de 2015

Sistemas operativos 1: Presentación en Open Office Impress

Presentación en Open Office Impress
  • Actividade 3 páxina 82. Máquinas virtuais Virtual Box e VMWare. Hai que buscar información na rede, en calquera páxina agás en Wikipedia.
  • Seguindo as indicacións das páxinas 229-245, fai unha presentación en Open Office Impress de 10 diapositivas, 5 para cada máquina virtual.  Ademáis unha primeira diapositiva adicional debe incluir nome do alumno, nome do traballo, curso, data e o nome IES Val do Tea. Tamén debe aparecer o tema musical empregado e o nome do grupo que o toca.
  • A presentación debe incluir:
    • 10 transicións distintas entre as 11 diapositivas. A presentación debe avanzar soa, seleccionando "Avanzar diapositiva automáticamente" durante o tempo necesario para poder visualizala.
    • Un tema musical de música galega non tradicional. Debe soar durante toda a presentación. Para que sexa así hai que inserilo na primeira transición e marcar a casiña "Repetir ata o seguinte son". Podes buscar música na seguinte ligazón e descargala a mp3 de Youtube dende aquí.
    • Unha UNICA ligazón a algún sitio web onde se fale das máquinas virtuais (de unha delas é suficiente).
    • Un UNICO vídeo onde se fale das máquinas virtuais (de unha delas é suficiente). Duración aprox. 2 minutos. Para descargalo de Youtube con Mozilla podes empregar DownloadHelper dispoñible aquí.
    • En cada diapositiva debe haber texto e algunha imaxe (excepto na diapositiva na que hai vídeo, nese caso non debe ir imaxe). 
    • En cada diapositiva debe haber unha UNICA animación no texto ou na imaxe. Todas as animacións deben ser distintas. Para que a presentación avance soa nas animacións hai que seleccionar "Avanzar despois do anterior" no efecto seleccionado.
  • O formato de texto,tamaño de letra e cores empregadas é libre, pero debe existir proporción entre imaxes e texto. 
  • Crea un cartafol en Google Sites co nome "Máquinas virtuais" para subir a presentación (o nome do arquivo será "Máquinas virtuais"+nome+1ºapelido+curso), o vídeo e a música. O cartafol debe permitir o acceso só ó alumno e á profesora (mediante o meu email) para editar. En caso que o tamaño do arquivo non permita subilo a Google Sites podes empregar Dropbox.
  • Crea unha entrada no teu blog co título "Máquinas virtuais" e dentro dela inclúe un texto con ligazón a o cartafol de Google Sites onde deben estar a presentación, o vídeo e a música.

Nenhum comentário:

Postar um comentário