terça-feira, 23 de junho de 2009

Sotavento


Parque Eólico Experimental Sotavento.
Clicando na imaxe podes acceder a sua páxina web.


Tipo de Actividades:

  • Visitas guiadas, tanto polo parque (visita ós aeroxeradores, Ruta das Pedras, Ruta do Vento e mámoas) coma polo interior das instalacións (paneis explicativos, maquetas, enerxías renovables e solar, pila de combustible, Sala de Eficiencia Enerxética e sala de control).
  • Desenvolvemento de clases, tanto divulgativas coma técnicas, en relación coas distintas enerxías.
  • Proxección de vídeos técnico-divulgativos sobre as enerxías renovables e a eficiencia enerxética.
  • Para alumnos de primaria, secundaria, e F.P. realización de obradoiros lúdico-técnicos, así como a realización de diferentes xogos interiores ou exteriores dependendo das condicións meteorolóxicas.
  • Posibilidade de que os propios profesores impartan clases no auditorio, que se complementarían cunha visita práctica ás instalacións.
Acceso ás diversas aplicacións gráficas e interactivas, que permiten explorar aspectos relacionados coas Enerxías Renovables e coa Eficiencia Enerxética.
  • Aforro no uso da iluminación

  • Con esta aplicación podes comparar distintos parámetros eléctricos dos principais sistemas de iluminación.

    Ademais, permite calcular o aforro económico e medioambiental ao cambiar lámpadas convencionais por lámpadas máis eficientes, e extrapolar estes datos a nivel galego e español.

    [Entrar]
  • Consumo en espera e oculto no fogar

    A través desta aplicación comprobarás o consumo oculto e en espera de distintos aparatos domésticos.

    Ademais, poderás calcular o gasto económico e as consecuencias ambientais que supoñen estes consumos na túa vida cotiá e extrapolalos a nivel galego e español.

    [Entrar]


Nenhum comentário:

Postar um comentário