segunda-feira, 27 de abril de 2009

Buscamos director de cine que lle guste a música...

¿Gústache o cine? ¿Gústache a música? ¿Serías capaz de grabar a tua propia película ca banda sonora que ti escollas? Só necesitas unha cámara de vídeo ou de fotos (ou un móvil con cámara) e ir á aula de Informática para aprender a facelo.

Hai directores de cine "serios" os que tamén lles gusta a música, como Emir Kusturica. Toca nunha banda de música chamada The No Smoking Orchestra (Emir Kusturica (guitarra), Dejan Sparavalo (violín), Nelle Karajlic (voces), Stribor Kusturica (batería), Cheda Marjanovic (percusión), Glava Markovski (bajo), Ivica Maksimovic (guitarra), Dralle Draugentaller (teclados), Goran Popovic (tuba), Nesho Petrovic (saxo) y Zoki Miloshevic (acordeón). Fan música "balcánica" (defínense a sí mesmos como Gypsy techno-rock band ) un tanto especial. ¿Onde están os Balcáns?

Podes velos no seguinte vídeo na sua última actuación en Vigo, en agosto de 2008. É un pouco longo, pero si o ves enteiro responde:
¿Serías capaz de tocar dese xeito un violín (como Dejan Sparavalo) ou unha guitarra eléctrica (como Kusta)?
¿Qué camiseta leva o cantante (Nele Karajlic) ?
¿Qué significa Ne damo Kosovo?




No Proxecto Comenius imos facer uns vídeos sobre o folclore en Galicia (costumes, festas, gastronomía, música...etc.) Debemos incluir vídeo, imaxes e música. Levará títulos relacionados cos temas, e os créditos correspondentes.

quinta-feira, 23 de abril de 2009

Manifesto a prol do galego

Queremos lembrarvos a importancia de asistir á manifestación pola lingua do 17 de maio, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística.


Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Noraboa a Pablo Paz Olivares

Noraboa a Pablo Paz Olivares, de 1º ESO B, seleccionado para a final do VII Premio Galicia Innovación Júnior 2009 , co seu "Enxizador automático para tacos de billar", na Categoría 12 a 15 anos.
Algunhas fotos...
Outra vez Noraboa!!.

quinta-feira, 26 de março de 2009

Web 2.0 e Redes Sociais

Os alumnos de 1º de Bacharelato realizaron esta 2ª avaliación unha serie de vídeos, empregando Windows Movie Maker, donde nos explican o concepto que eles teñen da chamada Web 2.0 e as Redes Sociais.

Mentres tanto, para ir entrando en materia...

Podemos ver, facendo clic na imaxe, un vídeo (un pouquiño longo), feito por Educastur.


Tamén pode servirnos de referencia os seguintes recursos



En Educared hai 3 obradoiros moi interesantes e sinxelos, con 3 niveis distintos de dificultade: básico, medio e avanzado:





1º Bacharelato A

1º Bacharelato D

1º Bacharelato B

1º Bacharelato C

quarta-feira, 25 de março de 2009

Vídeos realizados por 4º ESO A dentro do Proxecto Comenius

Nesta entrada temos o vídeos realizados por 4º ESO A, empregando Windows Movie Maker, dentro do Proxecto Comenius.


Vivindo no Ies Val do Tea, por Iris, Noemí e You








Gastronomía de Galicia, realizado por Anabel Fernández, Tania Gil, Bruno Álvarez e Fabián Videira.







Familia, realizado por Sara Clavo, Inés Cuevas,Verónica Arjones e Fátima Codeseda.







Video realizado por Lucas Mera, sobre o tempo de ocio na adolescencia.








Vida social adolescente, realizado por Andrea Mo, Sandra Sobreira e Yaiza González.









O tempo de ocio na adolescencia, realizado por Andrés González, Santiago Cernadas e Alfonso Lage.

Vida diaria, realizado por Aitor Otero.

Vivindo no Ies Val do Tea, por Alexia, Patricia e Elisa

Vídeos realizados por 4º ESO C dentro do Proxecto Comenius

Nesta entrada temos o vídeos realizados por 4º ESO C, empregando Windows Movie Maker, dentro do Proxecto Comenius.

Vida no Val do Tea, realizado por Nerea Corredoira, Melania Ledo e Verónica Monteagudo.







Afectividade e sexualidade, realizado por Óscar Guisado e Martín.







Tempo de lecer, realizado por Rubén Iglesias, Alex Reigosa e Pablo Carballido.








Un día en Lira, realizado por Iago Represas e Alberto Martínez.








Golf en Mondariz, realizado por Manuel Barbosa, Diego Rodríguez e Alex Osorno.







Vida no Val do Tea, realizado por Lara Ucha e Andoni Sebastián.








Vida no Val do Tea, realizado por Jose Luis Solla e Javier Cuevas.

Vídeos realizados por 4º ESO B dentro do Proxecto Comenius

Nesta entrada temos o vídeos realizados por 4º ESO B, empregando Windows Movie Maker, dentro do Proxecto Comenius


Tempo libre, soños e medos: realizado por Santi Pazo e Ricardo Pérez.







Relixión e Corpus Christi: realizado por Silvia González e Vanesa Estévez.







Relixión ¿somos cristians verdadeiros?: realizado por Leticia Álvarez e María Iglesias.







Xóvenes galegos, tempo de lecer: realizado por Uxía Blanco e Alba Covelo.







Moreira Team: realizado por Adrián Bugarín e Luciano Martínez.







¿Como nos divertimos os xóvenes galegos?: realizado por Adrián Fernández e Iván Pérez.







Tempo de lecer: realizado por Lorena Rodríguez e Melisa Fernández.







Soños e medos: realizado por Laura Santiso, Judit Baltasar e Sandra García.







A vida no Ies: realizado por Jéssica Martínez e Iria Bargiela.







Tempo libre dos xóvenes: realizado por Tania Sousa e Soraya Pereira.







Tempo de lecer dun pontearean: realizado por Eloy Pereira e Juan José Táboas.

sábado, 21 de março de 2009

Fotografía profesional (ou case...)














Ademais dos conocidos Flickr e PicasaWeb, cos que podemos descargar e almacenar fotos on-line, crear presentacións e organizalas en álbums para compartir, dispoñemos dunha serie de editores fotográficos que nos permiten descargar fotografías e/ou facer retoques:

Picasa3: Para descargar e instalar no ordenador, permite retoques, capturar pantallas, crear collages e presentacións, xenerar vídeos, subir fotos e vídeos a Picasaweb e YouTube, aplicar filtros.. e algunhas cousas mais. Efectos profesionais para fotógrafos principiantes.

Picnik: Esta web permítenos editar facilmente e sen necesidade de instalar nada no noso equipo. Aparte de recortar, cambiar tamaño, ... permítenos aplicarlle filtros.


PiZap: ademais de retocar permite engadir elementos divertidos.



LunaPic: animacións, presentacións, transicións entre imaxes.



SplashUp: retoque con editor de debuxo, traballo con capas.

terça-feira, 3 de fevereiro de 2009

Vídeo Excursión a Lugo 2008


Este "vídeo" non é tal, senón que ésta montado a partir de fotos e música, empregando o Windows Movie Maker. Para "colgalo" na Rede empregamos Google Vídeos, subindo o vídeo a través do Picasa.
Neste obradoiro montáronse uns kits de Lego (pequenos robots) e programáronse cun software específico a través dun PC.

Existen outras moitas opcións para introducirnos no mundo da Robótica, dun xeito divertido. Como exemplos:

Cucabot : diferentes tipos de robots móviles, basados nunha plataforma con rodas. No obradoiro de Tecnoloxía construimos Fotótropos e Pegatortas, con alumnos de 3º e 4º de ESO.

Observatorio Tecnolóxico Ministerio Educación: Obradoiro de Robótica con información de diversos proxectos e enlaces a páxinas interesantes.
De TIC Ies Val do Tea

segunda-feira, 2 de fevereiro de 2009

Chega Galinux

Galinux: novo sistema operativo, software libre, gratuito e en galego.
Podes ver o vídeo de presentación, descargalo e probalo sin necesidade de instalalo no ordenador ata que comprobes o seu funcionamento.

Deseño e retoque fotográfico

Un par de sitios con información sobre retoque fotográfico e deseño gráfico.


Gimp-es: moitos titoriais, trucos e efectos para Gimp (retoque fotográfico), Inkscape (deseño e debuxo) e Blender (visualización 3D). Hai foros e enlaces a páxinas con moitos trucos, recursos e cursos de distintos niveis.

Tamén dispós das últimas versións destes e outros programas de software libre (sempre software libre...)


Manual de usuario de Gimp: en castelán, descripción exhaustiva de tódos os menús, ferramentas, configuración, etc.







Curso de Gimp: sinxelo curso on-line, feito polo Instituto de Máquina Herramienta.

Fotografía

Para os aficionados á fotografía, aquí temos un recurso feito por Armando Muñoz, que nos permitirá introducirnos nese mundo. Existen varios apartados, entre eles : encuadre, luz e color, exposición...
A unidade ten un formato flash que dispón dun simulador en algunos apartados, para realizar nosas fotos (emprega a tecla v e despois as indicadas no menú).

Existe unha guía para o alumno, donde aparece o índice da unidade e unha breve explicación do seu funcionamento.

quinta-feira, 15 de janeiro de 2009

Presentacións

Nos seguintes enlaces podemos ver as presentacións feitas polos alumnos de 1º de Bacharelato, en relación ca celebración do Día de Todos os Santos, en distintos países. Empregaron o Open Oficce Impress e o Power Point.
  • Gabriel, Anthony, Alex e Diego (Falapouco Band, liderada por Diego Malmsteen. Bos rapaces, graciosos por momentos, breves momentos claro. Espero sinceiramente que se poñan as pilas, porque calquera deles pode chegar lonxe...e chegarán!!).
  • Paulo, Fabián e César Gil (Fabianciño, a ver se colles exemplo..., tes un bó a cada lado.Tí tamén vales moito, igual que eles. ¿Darásnos unha alegría na segunda avaliación? espero que sí).
  • Andrea, Sheila, Susana González e Verónica (¿Qué podemos decir destas mozas? Que o sigan facendo igual de ben, ou mellor se fose posible...).
  • Vanesa, Jorge e Marcelo (Fan os traballos á primeira, pórtanse ben, ¿que mais podemos pedir? !ah,si, Jorge, non deixes só a Marcelo con tanta frecuencia, xa sabes que non pode facer nada sin tí....
  • Ismael, Yoana, Víctor e Edgar (Yoana, hoxe non levas os rizos ben definidos. Todos moi ben na clase de TIC, seguide así, pero hai mais asignaturas, e vos podedes con todas!! ).
  • Liliana, Miguel, Beatriz e Noelia (Miguel, son moitas mulleres para un home, hai que repartir...Seguide todos así de ben na clase de TIC, ou mellor a ser posible!! ).
  • Soraya, Estefanía Pérez e Iria (Outras mozas das que só podemos decir cousas boas, ainda que as veces, moitas veces, nos falta Fany...Con xente así dá gusto).
  • Elisa, Teresa, Samuel, César Pereira (Elas non querían, pero eles as convenceron para ... facer o traballo. Todos moi boíños, pero as veces, demasiadas veces, botamos en falta a Samu e a Tere ¿estarán xuntos?).
  • Estefanía Rodríguez, Susana Lourido, Pedro (Tería que haber mais coma eles, pero ¿a quén lle rifaría entón a profe? Seguide así de bós).
  • Paula, Lucía Carrera, Yolanda, Lucía Regueira (Tería que haber mais coma elas, así a profe non tería que explicar...Todas moi boíñas, sobre todo cando estan caladas).
  • Iván, Adrián, Héctor, Iago (Tería que haber mais coma eles, pero ¿quén lle daría clase o resto dos alumnos mentres a profe está todo o tempo pendente deles? Espero que especialmente Iago e Adrián nos den unha alegría na segunda avaliación, moi ben os catro ).