
Ramón Piñeiro: unha voz na colección do Arquivo Sonoro de Galicia ¿Queres escoitalo?

Reproducimos aquí un artigo publicado en Culturagalega.org
Unha carta e un par de libros. Así teñen comezado moitas das amizades que Ramón Piñeiro cultivou durante a súa vida. E non foron poucas. As 8.000 cartas a 1.300 destinatarios distintos que se gardan na Fundación Penzol dan fé dese empeño do galeguista por cultivar súas amizades. Os que non se podían sentar físicamente na súa mesa de braseiro, mantiveron contacto con el por carta. Agora, cando se lle dedica o Día das Letras Galegas, recreamos a bandexa de saída do correo de Ramón Piñeiro.
ramonpiñeiro@consellodacultura.org | Vista estándar | Sair |
|
Desempoar, catalogar, dixitalizar e logo difundir o seu epistolario é a tarefa que se acaba de propoñer o Consello da Cultura Galega. Para iso acaba de asinar un convenio coa Fundación Penzol, entidade que alberga a biblioteca e arquivo de Piñeiro que comezará a ter resultados a partir do vindeiro ano.
Nenhum comentário:
Postar um comentário