domingo, 10 de março de 2013

Tema 9 : Tratamento dixital imaxes 1º Bach

Traballos a realizar do Tema 9 : Tratamento dixital imaxes, cada un nunha entrada do teu blog.
  • Táboa formatos pax 222: entrada no blog cunha imaxe da táboa en formato jpg e ligazón ó arquivo en Google sites en formato pdf.
  • Filtros: entrada no blog, donde debes ter as fotos retocadas das paxinas 233 ata 235. Debes cargar no album as seguintes fotos : fig 39 (castelooropesa1),42(castelooropesa2),43(calpe1),44 (castelooropesa3),45 (calpe2), act7pax235(calpe3), act8pax235(calpe4), act9pax235(calpe5).

  • Máscaras: entrada no blog con duas imaxes (rosa.jpg é a fig. 50 da páx. 237; hipopótamo.jpg é a fig.58 da páx. 23).
  • Composición: entrada no blog ca imaxe composicion.jpg (fig. 74 da páx. 245).
  • Patos: entrada no blog ca imaxe patos.jpg (act.1 da páx. 248).

  • Exame: entrada no blog ca imaxe correspondente.
As fotos necesarias estan aquí

segunda-feira, 28 de janeiro de 2013

1 BACH,4 ESO Info: Musica galega

Realizaremos un vídeo sobre música galega empregando Picassa3, que debe conter:
  • 15 fotos retocadas.
  • 3 collages feitos cas fotos anteriores.
  • 15 diapositivas de texto: na primeira poñeremos os datos (Ies Val do Tea, data, nome do traballo, nome do alumno). A derradeira debe incluir os créditos, como se fose unha película (autor, fontes de información e páxinas web empregadas para a busca da información, música empregada no vídeo citando tema e autor, e calquera outra información incluida no vídeo). As restantes 13 deben ir intercaladas ó longo do traballo para a exposición do tema.
  • 1 tema musical libre, dentro da música galega.
Nas diapositivas de texto faremos unha descripción dun grupo de música galega (compoñentes e instrumentos que tocan, ano de creación do grupo, estilo musical, discografía, ...etc).
Unha vez seleccionado o grupo, podemos atopar información e fotos deles en Google, Mspace ou Facebook.

CARGA DO VÍDEO NO BLOGUE: 
1.Sube o vídeo con Picassa3, ó album "Vídeo Picasa". Unha vez subido, copiar o código en "Enlace a esta foto" (tamaño 400).
2.Para cargar o vídeo no teu blogue, lembra que debes entrar no Deseño>Engadir un gadget > HTML Javascript, e pega o código do vídeo que copiaches anteriormente.

segunda-feira, 30 de abril de 2012

Video 1 bach Tema 4 Internet


Realizaremos un vídeo empregando Movie Maker, cos apartados correspondentes do tema 4 do libro,que debe conter:

*20 fotos retocadas.
*4 collages feitos cas fotos anteriores.
*15 diapositivas de texto: na primeira poñeremos os datos (Ies Val do Tea, data, nome do traballo, nome do alumno). A derradeira debe incluir os créditos, como se fose unha película (autor, fontes de información e páxinas web empregadas para a busca da información, música empregada no vídeo citando tema e autor, e calquera outra información incluida no vídeo). As restantes 13 deben ir intercaladas ó longo do traballo para a exposición do tema.
*1 video descargado de Internet ou feito por ti, (poderia estar en castelan ou portugues se non o atopas en galego) cunha duracion aproximada de 1 minuto en formato WMV. (Podes recortalo e/ou modificar o formato con Format Factory).
*1 tema musical libre, dentro da música galega (non tradicional) actual en formato mp3. Si o descargas de Youtube podes empregar youtubetomp3 (online) para extraer o son. Na seguinte ligazon (Musicaengalego) atoparedes grupos galegos de diferentes estilos musicais:
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2011/06/flok-celtic.html.

O tema, igual que o video, debe durar entre 3 e 5 minutos. 


CARGA DO VÍDEO NO BLOGUE:
1.Sube o vídeo con Picassa3, ó album "Vídeo Movie Maker". Unha vez subido, copiar o código en : Enlace a esta foto > Incrustar imaxe (previamente Seleccionar tamaño 400).
2.Para cargar o vídeo no teu blogue, lembra que debes entrar no Deseño>Engadir un gadget > HTML Javascript, e pega o código do vídeo que copiaches anteriormente.


Wikis e blogs.
*Vinicius.    Mus:().
*Samuel    Mus:().
*Eloy. Mus: Longa noite de pedra (Astarot).

 Publicar e compartir fotos e videos.       
*Diego. Mus: Galego (Puto Coke).
*Ismael . Mus: Malandromena (Mama Mandanga).
*Virginia. Mus:Marxe esquerda (Pel de Galiza).
        

RSS e podcast.
*Marta. Mus: Manolo Pescadilla (O Caiman do rio Tea).
*Borja. Mus:Dolores se llamaba Lola (Os Suaves).
*Emma. Mus: Contranatura (OKEOH).
         

Xeolocalizacion e xeoreferenciacion.
*Pablo. Mus: Palabras para Julia (Os Suaves).
*Adrian L. Mus:( ).
*Adrian C. Mus: Levame i estarei (Capitan Furilo).
        

Ensino e aprendizaxe a distancia.
*Julio. Mus:( ).
*Omar. Mus:( ).
*Javi. Mus: A lingua cortada (Nao).
       

Aplicacions en liña.
*Abel. Mus: Pio pio paxariño (Os Herdeiros da cruz).
*Nacho. Mus: Setentaculos (Ultraqans).
*Veronica. Mus: Venceremos nos (O neno Elliot).
         

Redes P2P.
*Ivan. Mus: Missing you ( The Blows).
*Anxo. Mus: Miudiño (Astarot).
         

terça-feira, 17 de abril de 2012

4 ESO Info: Video Movie Maker

Realizaremos un vídeo (tema libre) empregando Movie Maker, que debe conter:

*20 fotos retocadas.
*4 collages feitos cas fotos anteriores.
*15 diapositivas de texto: na primeira poñeremos os datos (Ies Val do Tea, data, nome do traballo, nome do alumno). A derradeira debe incluir os créditos, como se fose unha película (autor, fontes de información e páxinas web empregadas para a busca da información, música empregada no vídeo citando tema e autor, e calquera outra información incluida no vídeo). As restantes 13 deben ir intercaladas ó longo do traballo para a exposición do tema.
*1 video feito por ti. Debes contar co permiso das persoas participantes.O formato debe ser WMV (podes cambialo co Format Factory) de duracion 1 minuto aproximadamente.
*1 tema musical libre, dentro da música galega (non tradicional) actual en formato mp3. Si o descargas de Youtube, podes empregar youtubetomp3 (online) para extraer o son. Na seguinte ligazon (Musicaengalego) atoparedes grupos galegos de diferentes estilos musicais:
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2011/06/flok-celtic.html.

O tema e o video deben durar entre 3 e 5 minutos. 


CARGA DO VÍDEO NO BLOGUE:
1.Sube o vídeo con Picassa3, ó album "Vídeo Movie Maker". Unha vez subido, copiar o código en : Enlace a esta foto > Incrustar imaxe (Seleccionar tamaño 400).
2.Para cargar o vídeo no teu blogue, lembra que debes entrar no Deseño>Engadir un gadget > HTML Javascript, e pega o código do vídeo que copiaches anteriormente.


*Ana. Baile de salon.
         Mus:(Si pudiera) Os Suaves.
*Andre. Bicicletas.
         Mus:(Ha muerto el Rock and Roll) Os Suaves.
*Nerea. Amigos.
         Mus:(Dolores se llamaba Lola) Os Suaves.
*Miguel. Cabras.
         Mus:(Ninguen) Dios que te crew.
*Aitana. Baloncesto.
         Mus:(Rock is dead) The Inspectors.
*Rocio. Monopatin.
         Mus:(Tu si que puedes) Aid.
*Nacho. Comida uruguaia.
         Mus:(El elegido) Medra.
*Olalla. Instrumentos musicais tradicionais galegos.
         Mus:(Carmela baila ska) Ruxe Ruxe.
*Carlos. Celta de Vigo.
         Mus:(Rock do pais) Ruxe Ruxe.
*Ucha. Rio Tea.
         Mus:(Volver) Di Elas.
*Alba. Patinaxe.
         Mus:(Años 80) Ivan Ferreiro.
*Javier. DJ.
         Mus:(Nada mas) Ragdog.
*Marcos. Futbolin.
         Mus:(Moonlight lover) Transilvanians.
*Ivan. Montes.
         Mus:(O burato) Intercoles.
*Barbara. Motocross.
         Mus:(Fartos xa) Desequilibrio Mental.
*Noemi. Alcohol.
         Mus:(Vida de Xan) Rastreros.
*Tamara.Animais.
         Mus:(Sexo) Capitan Furilo.
*Erika. Cabalos.
         Mus:(Camiños) Lamatumba.

segunda-feira, 13 de fevereiro de 2012

Tema 2: Hardware 2ª aval

De cada unha das preguntas de exame do tema 2, tes que facer 1 entrada no teu blogue.


PREGUNTAS 1 E 2: respostas do libro, incluindo foto de cada dispositivo.


PREGUNTAS 3,5,7,8,9,10: respostas do libro.

PREGUNTA 4: respostas do libro e fotocopias escaner e impresora.

PREGUNTA 6: respostas do libro e imaxe (VELOCIDADE.PNG) do arquivo de folla de calculo (VELOCIDADE.ODS) cas respostas dos apartados 5 e 6

domingo, 18 de setembro de 2011

Ferramentas


Nos seguintes enlaces podemos ver o emprego destas ferramentas:

Ferramentas de medida 
Ferramentas de trazado

Mais ferramentas


Nos seguintes enlaces poderemos ver: 

Ferramentas para unir
Ferramentas para rematar
Elementos de protección 

Exercicios resoltos de calibres

Aquí tes os exercicios resoltos dos calibres.

No exame faremos exercicios moi similares a estes.

Medidas co calibre

Clica na imaxe para comprobar si sabes medir co calibre.
Temos dous modos de funcionamento, o modo estudo e o modo test.
  • No modo estudo podemos optar por realizar medicións de exteriores, interiores ou profundidades, dispoñendo para cada caso de varios calibres con nonios distintos e polo tanto distintas precisións.
  • No modo test hai exercicios para resolver, combinando tipos de medición e distintos calibres.

Manexo do calibre

Clicando na imaxe
  • No apartado outras imaxes, un calibre dixital.
  • No vídeo de manexo, o emprego do calibre para medidas exteriores, interiores e de profundidade.

sábado, 7 de maio de 2011

1º Bach Movie Maker

Traballo en Windows Movie Maker: realizar 1 vídeo con Windows Movie Maker. Debe incluir entre 10 e 15 fotos (retocadas con Picassa3 si é necesario), 1 vídeo corto, con título ó principio (nome traballo, data, IES Val do Tea), título superposto en cada foto (co texto necesario), títulos intercalados entre as fotos e créditos ó final (autor do traballo e fontes empregadas). A música do vídeo: tema libre. Os textos dos títulos (en galego) deben desenrolar os seguintes temas, (podemos resumir o que ven no libro no tema 4 e/ou buscar información en Internet): 
  • Jose S., Roberto, María: wikis e blogs. 
  • Pablo, Borja, Anxo: publicar e compartir fotos e vídeos.
  • Brais G., Adrián, Diego: RSS e Podcast. 
  • Javi, Carlos, Abel: Xeolocalización e xeorreferenciación.
  • Julio, Jose M.: Aplicacións en liña.
  • Brais S., Leticia: Redes P2P.

4º info Movie Maker Temas 8 e 9

Traballos en Windows Movie Maker: realizar 2 vídeos con Windows Movie Maker. Deben incluir entre 15 e 20 fotos (retocadas con Picassa3 si é necesario), con título ó principio (nome traballo, data, IES Val do Tea), título superposto en cada foto (co texto necesario), títulos intercalados entre as fotos e créditos ó final (autores do traballo e fontes empregadas). A música do vídeo: tema libre. Os textos dos títulos (en galego) deben desenrolar os seguintes temas, (podemos resumir o que ven no libro e/ou buscar información en Internet).


    • Vídeo 2: Servicios e Seguridade en Internet: Redes P2P, software libre e privativo, protección da intimidade (glosario), phishing (páxs.198 ata 205).

    • Vídeo 2: Traballo colaborativo: Wikis, blogs,BSCW  e RSS (páxs. 180 ata 187).

    quinta-feira, 28 de abril de 2011

    1º Bacharelato:Estamos rematando....

    Pois iso, que estamos rematando o curso. Aprendemos algunhas cousas, entre elas a debuxar. Pero nesta entrada do blog non se trata de amosar as nosas cualidades artísticas, senon de que por fin conozcades @s alumn@os mais ghuap@s...OS DE TIC!!



    Abel:non parece él, en persoa gaña moito (ten a cara enteira e non está asustado).

    Adrián: ten un mérito enorme, é capaz de traballar estando sentado con !!CARLOS!!

    Anxo: os seus pais atinaron totalmente co nome (ou me ten enganada).

    Borja: non ten esta cara de malote, en realidade é bo rapaz.

    Brais G.: Eu xa dixen que se afeitara, creo que será así dentro de 20 anos.

    Brais S.: Cando eu o coñecín, hai algún tempo, era así. Creo que intenta quitarse anos.

    Carlos: creo que intentóu aplicar unha innovadora técnica de perspectiva, non lle daría tempo a rematala.

    David:un dos alumnos que mais alegrías me da. Compartimos afición polo deporte.

    Diego: creo que o día que fixo o debuxo estaba enfadado. En persoa é mais guapo.

    Javi: eu non lle fixen nada, a cara de susto traía xa de casa.Na clase parece moito mais ledo.

    Jose M.:creo que este é un dos retratos mellor conseguidos, debe ser polo moito que traballa...

    Jose S.: non debuxa moi ben, pero o importante é que se lle ve ledo. As orellas xa chegarán...

    Julio: o pelo levóulle moito tempo, pero quedóulle moi ben. En persoa non se lle ven os ollos, pero o debuxo amosa que en realidade están ahí.

    Leticia:na realidade é mais guapa. Non falta nunca á clase, e iso que ten que aguantar a Jose...

    María:outra boa rapaza, na realidade ten dous ollos e tamén unha boca .

    Pablo: en realidade non é así, ten orellas e non está tan serio na clase.

    Roberto: o das patillas foi idea sua, creo que estaba mellor ó natural. O dos dentes sería despiste, creo que abaixo tamén debe ter.

    Samuel:no debuxo hai un parecido sospeitoso co de Anxo, eu en persoa non o aprecio tan claramente.

    Yago: esté é o outro alumno que me da alegrías. Non da tanto xogo como David porque non entra ó trapo, pero xa conseguiréi que se enfade algún día...

    sexta-feira, 15 de abril de 2011

    sexta-feira, 8 de abril de 2011

    Tema 5:Son e vídeo 4º Informática

    Tema 5 : Son e vídeo, nunha entrada do teu blog.

    • Grabación de son paxs 90 e 91: entrada no blog cos textos correspondentes da páxina 90. Da páxina 91 deben aparecer 3 capturas de pantalla (Audacity, Grabadora de sons e Reprodutor de Windows do teu PC) e unha imaxe da tarxeta de son cos seus conectores (realizada en Open Office Draw, insertando unha imaxe descargada de Internet, engadindo os textos correspondentes ós conectores).

    segunda-feira, 4 de abril de 2011

    terça-feira, 22 de fevereiro de 2011

    Visita ó Obradoiro de gaitas Gil (Ponteareas)

    Clica na seguinte foto para ver o vídeo da visita feita por alumnos de 3º e 4º de ESO. 
    Escoitaremos o tema Feitizo, dos amigos de Noitarega.



    Aquí tes unha presentación das fotos.

    quinta-feira, 13 de janeiro de 2011

    Tecnoloxía 4º PDC 2ª avaliación

    Nesta 2ª avaliación estudaremos dous bloques da materia de Tecnoloxía en 4º de ESO: electrónica dixital e control e robótica. 


    Clicando nesta ligazón dispoñedes dos arquivos necesarios, tanto a teoría como os exames correspondentes.

     Os libros dixitais están nesta ligazón de tecno12-18, donde entraremos nos bloques correspondentes (cada alumno ca súa clave), realizando a versión dinámica.

      Edición de Son

      Comezamos a traballar con Audacity:

      Nesta entrada do teu blogue deben aparecer 3 cousas:

      • Tipos de arquivos de son: extensión e breve resume das suas características.
      • Programas de edición de son: cita os mais conocidos, cunha breve definición das suas características.
      • Audacity: definición breve e principais características.
      • Titorial de Audacity: feito por ti donde expliques o funcionamento elemental do programa. Debe estar nunha ligazón a un arquivo en formato PDF en Google Sites. Este arquivo debe conter as capturas de pantalla , imaxes e ligazóns que consideres necesarias, ademais do texto correspondente.

      domingo, 9 de janeiro de 2011

      Música tradicional galega

      Realizaremos un vídeo sobre música tradicional galega empregando Picassa3, que debe conter:
      • 15 fotos retocadas.
      • 3 collages feitos cas fotos anteriores.
      • 15 diapositivas de texto: na primeira poñeremos os datos (Ies Val do Tea, data, nome do traballo, nome do alumno). A derradeira debe incluir os créditos, como se fose unha película (autor, fontes de información e páxinas web empregadas para a busca da información, música empregada no vídeo citando tema e autor, e calquera outra información incluida no vídeo). As restantes 13 deben ir intercaladas ó longo do traballo para a exposición do tema.
      • 1 tema musical libre, dentro da música tradicional galega.
      Nas diapositivas de texto faremos unha descripción dun grupo de música tradicional galega (compoñentes e instrumentos que tocan, ano de creación do grupo, estilo musical, discografía, ...etc). O grupo pode ser calquera, podemos tomar como referencia o listado que aparece aquí: asociación de gaiteiros galegos.
      Unha vez seleccionado o grupo, podemos atopar información e fotos deles en Google, Mspace ou Facebook.

      CARGA DO VÍDEO NO BLOGUE: 
      1.Sube o vídeo con Picassa3, ó album "Vídeo Picasa". Unha vez subido, copiar o código en "Enlace a esta foto" (tamaño 400).
      2.Para cargar o vídeo no teu blogue, lembra que debes entrar no Deseño>Engadir un gadget > HTML Javascript, e pega o código do vídeo que copiaches anteriormente.