quinta-feira, 22 de abril de 2010

Muiñeira de Pontesampaio (Versión Bellón Maceiras) e Muiñeira de Pontillón

Clicando no vídeo poderedes ver unha introducción a Muiñeira, feita para que os participantes no Proxecto Comenius 2008-2010 (Polonia, Turquía, Italia...) coñezan un pouco as nosas danzas tradicionais. O tema que podedes escoitar é parte da versión realizada por BellónMaceiras da Muiñeira de Pontesampaio.

De Ies Val do Tea Proxecto Comenius

Pasamos da teoría á práctica para ver a Muiñeira de Montillón.


De ProxectoComenius

Muiñeira de Chantada

Avelino Cachafeiro.

Texto: Wikipedia.



Avelino Cachafeiro Bugallo, O Gaiteiro de Soutelo, nado en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899 e finado o 13 de abril de 1972, foi un gaiteiro galego.

Traxectoria

De familia de gaiteiros da Terra de Montes, aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao bombo. Formou o grupo de gaiteiros Os Gaiteiros de Soutelo cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o pandeiro. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.
Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en 1924 (a parte literaria gañouna Eladio Rodríguez González). En 1928 gravaron a "Muiñeira de Chantada", a "Alborada de Rosalía", a "muiñeira de Pontesampaio", "Fandango de Pontevedra", "Marcha do Corpus", "Viva Barriño de Arén", "Heicho de dar queridiña", "Foliada de Luxán", "Foliada Rianxeira", "Estróupele-Estróupele", "Farruquiña chaman á porta", a "Muiñeira de Ourense" e o pasacorredoira "A volta da festa".

Xiras e retirada


Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, Os Gaiteiros de Soutelo, percorreu toda Galicia, así como Bos Aires, Montevideo, Brasil ou Barcelona ata que o comezo da Guerra Civil esfarelou o grupo: A Guerra Civil españolaCultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos, decidiron voltar á casa por Lisboa. Así rematou o grupo. sorprendeunos tocando en Barcelona, en territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional.
Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda. Dedicouse á poesía, a pintura e á súa faceta empresarial (unha sala de festas e unha gasolineira).

Outros labores

En 1969 publicou o libro de poemas, Voando coas aas da vida, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Foi o valedor da "Muiñeira de Chantada", no seu labor de recuperación da música tradicional.

De Ies Val do Tea Proxecto Comenius

terça-feira, 6 de abril de 2010

Malmequer

Malmequer (ou Margarida) é o nome popular común a unha grande variedade de prantas e flores.

Mal me quer, ben me quer, mal me quer, ben me quer... o vello xogo do amor e o desamor.

Malmequer é un grupo de xentiña que disfruta da festa, da esmorga, das foliadas, dos seráns, da música e baile tradicional, cun común denominador de amor pola nosa cultura tradicional. 

Komunikando

Komunikando é un punto de encontro na música galega non subvencionada.
Durante moito tempo, a música galega simbolizou esa imaxe tradicionalista e ancorada no pasado.

Galiza, a súa xente, é rica en moitos aspectos e na música máis se cadra. Aquí cultívanse todas esas vertentes musicais que alimentan o mundo discográfico internacional.

terça-feira, 2 de março de 2010

Web 2.0 e Redes Sociais XEOLOCALIZACIÓN E XEORREFERENCIACIÓN

Curso 2009-2010
Aquí temos uns vídeos nos que os alumnos de 1º Bach tentan explicar algúns conceptos da Web 2.0 e as Redes Sociais (menos mal que xa sabíamos o que eran...).
Nesta entrada do blogue hai vídeos sobre xeolocalización e xeoreferenciación.

  • Susana Fernández.
De videos web 2.0
  •  Miguel González: se adicara tanto tempo a estudar como a música, sería como mínimo notario. Pero como non é así, contamos cun gran músico. 
De videos web 2.0
Aquí está a proba de que é un gran músico



  • Adrián Chamorro: algunhas veces traballa, sobre todo si está dentro da aula, feito pouco común. Para definir a súa personalidade: parar o vídeo ó principio, arrastrar o cursor e deixalo  na primeira imaxe.
De videos web 2.0
  • Cristian Do Carmo: faremos un vídeo mais curto ou colleremos unha canción mais longa (foi culpa do Picasa, non de Cristian).
De videos web 2.0

Web 2.0 e Redes Sociais RSS

Nesta entrada do blogue hai vídeos sobre RSS .

  • Youyi Liu: revisar vídeo, falta debuxo da cara.
  • David Rodríguez: non se entende moi ben qué é RSS, pero explica duas ideas profundas: nas mans hai dedos e hai un señor mudo en Internet que as move moito.
    De videos web 2.0

    • Rubén Alfaya Fernández: este vai doutro señor, que non ten mans, pero comenza a escribir en castelán e remata en inglés. Se non te enteraches tampouco do que é o RSS, disfruta da música polo menos.

    De videos web 2.0

    quinta-feira, 25 de fevereiro de 2010

    Web 2.0 e Redes sociais E-LEARNING

    LCMS

    Vanesa Estévez: según a sua definición, o LCMS é aprendizage a distacia utilizando medios tecnologicos abanzados.
      De videos web 2.0

      • Gabriel Cea: xa sei que estás enfadado porque che mandéi repetir o vídeo, pero ¿era realmente necesario poñerlle esa "música"?.
      De videos web 2.0

      Web 2.0 e Redes sociais P2P

      Peer to Peer
      • Diego Giadás: suspenso, non presenta vídeo.
      • José Manuel Rivera: suspenso, non presenta vídeo.

      • Álex Estévez: alumno aplicado, excepto na clase de debuxo
      De videos web 2.0


      • Rubén Alfaya Blanco: non é realmente como aparece no debuxo, é que ten unha man averiada e non pode debuxar mellor
      De videos web 2.0

      Web 2.0 e Redes sociais PODCAST

      Podcast:
      • Paloma: suspenso, falta vídeo, falta debuxo da cara.
      • Verónica Arjones: como non lle gustaba o tema, ela fixo un vídeo sobre PODCATS ( debe ser algo de gatos..).
      De videos web 2.0

      • Yosu López:ven sendo como o de Verónica ( o final non falaba de gatos, é outra vez o señor das mans), pero cambiando a música.


      De videos web 2.0
       
      • Yago Cordero: Yago, xa che expliquéi como se cortan os vídeos, o teu está ben pero é un plaxio un pouco longo.
      De videos web 2.0

      Web 2.0 e Redes sociais BLOGUES

      Blogues
      • Susana González: un vídeo parecido ó de Carlos, pero está en castelán.
      De videos web 2.0

      • Carlos Álvarez: un vídeo parecido ó de Susana pero está en inglés (P.D:1minuto e 50 sg é menos de 3 minutos)

      De videos web 2.0

      • Diego Rodríguez: vídeo ben escollido, consigue explicar o tema dun xeito sinxelo.

      De videos web 2.0

      quarta-feira, 24 de fevereiro de 2010

      quarta-feira, 27 de janeiro de 2010

      Galiexpo 2009 Óscar, André e Gabriel

      Galiexpo 2009, vídeo feito por Óscar Chamorro, cas fotos sacadas na Galiexpo 2009 por el mesmo, por André Estévez e Gabriel Alonso.



      HOMENAXE A UN GRAN PILOTO DE RALLYES.ROI SIGUE COMPETINDO ASI POR MOITOS ANOS. 

      sábado, 15 de agosto de 2009

      Vistas

      Na seguinte ligazón atoparás vistas de pezas en isométrico.

      A unidade  didáctica, elaborada por Jose Antonio Cuadrado, dispón dun menú na parte superior donde hai que entrar nos seguintes apartados e seguir as instruccións:

      1. PEZAS (hai 10 pezas):
      • Vistas (Pranta, alzado e perfil).
      • Reconstrucción das pezas a partir das vistas.
      2. EXERCICIOS:
      • Pezas 2 (hai 10 pezas).

       Fai clic aquí para entrar na unidade didáctica.



      NON ESQUEZAS TRAER FEITAS AS PEZAS QUE CHE ENTREGO EN PAPEL O PRÓXIMO DÍA QUE TEÑAMOS CLASE NA AULA DE INFORMÁTICA.