sábado, 7 de maio de 2011

1º Bach Movie Maker

Traballo en Windows Movie Maker: realizar 1 vídeo con Windows Movie Maker. Debe incluir entre 10 e 15 fotos (retocadas con Picassa3 si é necesario), 1 vídeo corto, con título ó principio (nome traballo, data, IES Val do Tea), título superposto en cada foto (co texto necesario), títulos intercalados entre as fotos e créditos ó final (autor do traballo e fontes empregadas). A música do vídeo: tema libre. Os textos dos títulos (en galego) deben desenrolar os seguintes temas, (podemos resumir o que ven no libro no tema 4 e/ou buscar información en Internet): 
  • Jose S., Roberto, María: wikis e blogs. 
  • Pablo, Borja, Anxo: publicar e compartir fotos e vídeos.
  • Brais G., Adrián, Diego: RSS e Podcast. 
  • Javi, Carlos, Abel: Xeolocalización e xeorreferenciación.
  • Julio, Jose M.: Aplicacións en liña.
  • Brais S., Leticia: Redes P2P.

4º info Movie Maker Temas 8 e 9

Traballos en Windows Movie Maker: realizar 2 vídeos con Windows Movie Maker. Deben incluir entre 15 e 20 fotos (retocadas con Picassa3 si é necesario), con título ó principio (nome traballo, data, IES Val do Tea), título superposto en cada foto (co texto necesario), títulos intercalados entre as fotos e créditos ó final (autores do traballo e fontes empregadas). A música do vídeo: tema libre. Os textos dos títulos (en galego) deben desenrolar os seguintes temas, (podemos resumir o que ven no libro e/ou buscar información en Internet).


    • Vídeo 2: Servicios e Seguridade en Internet: Redes P2P, software libre e privativo, protección da intimidade (glosario), phishing (páxs.198 ata 205).

    • Vídeo 2: Traballo colaborativo: Wikis, blogs,BSCW  e RSS (páxs. 180 ata 187).

    quinta-feira, 28 de abril de 2011

    1º Bacharelato:Estamos rematando....

    Pois iso, que estamos rematando o curso. Aprendemos algunhas cousas, entre elas a debuxar. Pero nesta entrada do blog non se trata de amosar as nosas cualidades artísticas, senon de que por fin conozcades @s alumn@os mais ghuap@s...OS DE TIC!!



    Abel:non parece él, en persoa gaña moito (ten a cara enteira e non está asustado).

    Adrián: ten un mérito enorme, é capaz de traballar estando sentado con !!CARLOS!!

    Anxo: os seus pais atinaron totalmente co nome (ou me ten enganada).

    Borja: non ten esta cara de malote, en realidade é bo rapaz.

    Brais G.: Eu xa dixen que se afeitara, creo que será así dentro de 20 anos.

    Brais S.: Cando eu o coñecín, hai algún tempo, era así. Creo que intenta quitarse anos.

    Carlos: creo que intentóu aplicar unha innovadora técnica de perspectiva, non lle daría tempo a rematala.

    David:un dos alumnos que mais alegrías me da. Compartimos afición polo deporte.

    Diego: creo que o día que fixo o debuxo estaba enfadado. En persoa é mais guapo.

    Javi: eu non lle fixen nada, a cara de susto traía xa de casa.Na clase parece moito mais ledo.

    Jose M.:creo que este é un dos retratos mellor conseguidos, debe ser polo moito que traballa...

    Jose S.: non debuxa moi ben, pero o importante é que se lle ve ledo. As orellas xa chegarán...

    Julio: o pelo levóulle moito tempo, pero quedóulle moi ben. En persoa non se lle ven os ollos, pero o debuxo amosa que en realidade están ahí.

    Leticia:na realidade é mais guapa. Non falta nunca á clase, e iso que ten que aguantar a Jose...

    María:outra boa rapaza, na realidade ten dous ollos e tamén unha boca .

    Pablo: en realidade non é así, ten orellas e non está tan serio na clase.

    Roberto: o das patillas foi idea sua, creo que estaba mellor ó natural. O dos dentes sería despiste, creo que abaixo tamén debe ter.

    Samuel:no debuxo hai un parecido sospeitoso co de Anxo, eu en persoa non o aprecio tan claramente.

    Yago: esté é o outro alumno que me da alegrías. Non da tanto xogo como David porque non entra ó trapo, pero xa conseguiréi que se enfade algún día...

    sexta-feira, 15 de abril de 2011

    sexta-feira, 8 de abril de 2011

    Tema 5:Son e vídeo 4º Informática

    Tema 5 : Son e vídeo, nunha entrada do teu blog.

    • Grabación de son paxs 90 e 91: entrada no blog cos textos correspondentes da páxina 90. Da páxina 91 deben aparecer 3 capturas de pantalla (Audacity, Grabadora de sons e Reprodutor de Windows do teu PC) e unha imaxe da tarxeta de son cos seus conectores (realizada en Open Office Draw, insertando unha imaxe descargada de Internet, engadindo os textos correspondentes ós conectores).

    segunda-feira, 4 de abril de 2011

    terça-feira, 22 de fevereiro de 2011

    Visita ó Obradoiro de gaitas Gil (Ponteareas)

    Clica na seguinte foto para ver o vídeo da visita feita por alumnos de 3º e 4º de ESO. 
    Escoitaremos o tema Feitizo, dos amigos de Noitarega.



    Aquí tes unha presentación das fotos.

    quinta-feira, 13 de janeiro de 2011

    Tecnoloxía 4º PDC 2ª avaliación

    Nesta 2ª avaliación estudaremos dous bloques da materia de Tecnoloxía en 4º de ESO: electrónica dixital e control e robótica. 


    Clicando nesta ligazón dispoñedes dos arquivos necesarios, tanto a teoría como os exames correspondentes.

     Os libros dixitais están nesta ligazón de tecno12-18, donde entraremos nos bloques correspondentes (cada alumno ca súa clave), realizando a versión dinámica.

      Edición de Son

      Comezamos a traballar con Audacity:

      Nesta entrada do teu blogue deben aparecer 3 cousas:

      • Tipos de arquivos de son: extensión e breve resume das suas características.
      • Programas de edición de son: cita os mais conocidos, cunha breve definición das suas características.
      • Audacity: definición breve e principais características.
      • Titorial de Audacity: feito por ti donde expliques o funcionamento elemental do programa. Debe estar nunha ligazón a un arquivo en formato PDF en Google Sites. Este arquivo debe conter as capturas de pantalla , imaxes e ligazóns que consideres necesarias, ademais do texto correspondente.

      domingo, 9 de janeiro de 2011

      Música tradicional galega

      Realizaremos un vídeo sobre música tradicional galega empregando Picassa3, que debe conter:
      • 15 fotos retocadas.
      • 3 collages feitos cas fotos anteriores.
      • 15 diapositivas de texto: na primeira poñeremos os datos (Ies Val do Tea, data, nome do traballo, nome do alumno). A derradeira debe incluir os créditos, como se fose unha película (autor, fontes de información e páxinas web empregadas para a busca da información, música empregada no vídeo citando tema e autor, e calquera outra información incluida no vídeo). As restantes 13 deben ir intercaladas ó longo do traballo para a exposición do tema.
      • 1 tema musical libre, dentro da música tradicional galega.
      Nas diapositivas de texto faremos unha descripción dun grupo de música tradicional galega (compoñentes e instrumentos que tocan, ano de creación do grupo, estilo musical, discografía, ...etc). O grupo pode ser calquera, podemos tomar como referencia o listado que aparece aquí: asociación de gaiteiros galegos.
      Unha vez seleccionado o grupo, podemos atopar información e fotos deles en Google, Mspace ou Facebook.

      CARGA DO VÍDEO NO BLOGUE: 
      1.Sube o vídeo con Picassa3, ó album "Vídeo Picasa". Unha vez subido, copiar o código en "Enlace a esta foto" (tamaño 400).
      2.Para cargar o vídeo no teu blogue, lembra que debes entrar no Deseño>Engadir un gadget > HTML Javascript, e pega o código do vídeo que copiaches anteriormente.














      quarta-feira, 22 de dezembro de 2010

      quinta-feira, 9 de dezembro de 2010

      terça-feira, 16 de novembro de 2010

      Concerto de BellónMaceiras Quinteto

      Este venres 19 de novembro, concerto de BellónMaceiras Quinteto no Porriño (Bar Liceum) ás 23:30h.


      Bellón Maceiras Quinteto achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical na que diversos estilos e ritmos de amálgama se complementan cunha ampla variedade de composicións propias. A fusión é o sinal de identidade de BM5, e a contribución musical de cada compoñente é a que marca o particular son do grupo. Os músicos teñen total liberdade para expresarse, ceibes de ríxidas faixas estilísticas.
      Do seu gusto por mesturar nace o que eles mesmos definen como “espicho”, a introdución de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza. No presente disco a gaita sae da súa cuncha para interpretar tango, swing, muiñeira, blues, habanera, jazz, samba, valse francés… Non agarden escoitar un só estilo e gocen coa música.
      Dani Bellón posúe un dos currículos máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber. Diego Maceiras comezou formando parte da Banda de Gaitas "Airiños de Fene", da que segue formando parte hoxe en día, coa que consegue varios premios, acordeonista dende os 11 anos da man de diversos profesores, forma parte de grupos como Rumbadeira, Eiravedra, Mama Cabra... Juan "Cabe", guitarrista do grupo, tamén de Fene, membro de Os Cempés, cun estilo e carácter inconfundible. Miguel Lamas é o batería do grupo, forma parte de bandas como Voodoo, Chiculate, LTCD... Juan Tinaquero é contrabaixista e compaxina a súa labor de actor de dobraxe coa música, formando parte dos Bluesmakers dende hai 15 anos.



      quarta-feira, 22 de setembro de 2010

      Concurso de gaitas de Ponteareas, (Grazas a Malmequer)

      Resultados do Concurso de Gaitas de Ponteareas

      O concurso de gaitas de Ponteareas, un dos máis antigos de Galicia, outorgou o seu primeiro premio o pasado fin de semana ao grupo Rédea Solta, de Poio. O cuarteto, composto polos músicos Pablo Devigo, Óscar Ibañez, Ramón Corral e Marcos Pérez, logrou 1.800 euros.

      O segundo clasificado foi Canle Dada, de Nigrán, que logrou 1.200.

      Os posto terceiro e cuarto, con 900 e 600 euros respectivamente de premio, foron para os grupos Rebuldeiros, da Coruña, e Picuiña, de Marín.

      Ademais, o festival deste ano, cando se cumpren 43, tamén outorgou un quinto premio consistente nun lote de material musical doado pola empresa Bannatyne Pipe Bags, que recaeu sobre o grupo Miañadura, de Madrid.

      Houbo máis sorpresas ao longo da tarde, posto que o Concello de Ponteareas tamén lle concedeu un diploma a título póstumo a Constante Pérez Bermúdez, gaiteiro coñecido da parroquia de Prado, que logrou o primeiro posto no concurso de 1947. A súa familia presentou o diploma que aínda conserva, que pasou ao Museo municipal de Ponteareas.



      RÉDEA SOLTA.


      CANLE DADA


      PICUIÑA


      MIAÑADURA


      OS TREBELLOS DO MORRAZO


      FOL DE COIRO


      Ruxe-Ruxe, descarga de balde o último

      Descarga de balde o último dos RUXE en  www.ruxeruxe.com
      WARNING
      NA FURA DE DIANTE son quince latexos de corazón vello e consumido. Quince dentadas de animais fóra ialma, de cans doentes e vencidos, de decepcións e liortas. NA FURA DE DIANTE é un oceano terrible no que tí e máis eu loitamos por continuar a ser peixes …
      TAS AVISAD@…

      Primeiro videoclip extraído do 7º disco de Ruxe-Ruxe "Na fura de diante", realizado co tema Buratos.



      Hora: Venres ás 21:30 - Sábado ás 1:00
      Lugar: Sala Infierno  .Colón, 37 interior. Vigo


      Ruxe - Ruxe
      Moz@s!!! que voltamos a Vigo, e non volo podedes perder!!! Tocaremos con Skandalo GZ (http://www.myspace.com/skandalogz) na nova sala "El Infierno" (antigo Remache, rúa Colón 37)

      Feeeeeeeeeeeeeeeeeeeeesta!!!!

      Subida a Vigo 2010

      Vídeo realizado por ouVracing |

      Red Bull Autos Locos Vigo 19 sep 2010









      Vídeo da carreira, realizado por xaimepacheco.



      Vehículos nos boxes, antes da competición. Vídeo feito por futaxi

      segunda-feira, 20 de setembro de 2010

      Mecanografía

      Nesta ligazón vas atopar un curso completo de mecanografía con exercicios e exames. 
      Podes descargar unha versión portable (non necesita instalación e podes executala dende calquera PC ou memoria USB).
      Unha vez descargada clicando na seguinte ligazón só tés que gardala no teu PC e clicar nela para comezar a escribir.

      sexta-feira, 17 de setembro de 2010

      Tecnoloxía 4º ESO PDC

      Nesta 1ª avaliación estudaremos dous bloques da materia de Tecnoloxía en 4º de ESO: as instalacións en vivendas e electrónica analóxica, divididos cada un deles en oito temas. 
      Clicando nesta ligazón dispoñedes dos arquivos necesarios, tanto a teoría como os exames correspondentes.
      Os libros dixitais están nesta ligazón de tecno12-18, donde entraremos nos bloques correspondentes (cada alumno ca súa clave), realizando a versión dinámica:
      • Cada tema inclúe unhas preguntas que hai que contestar ben para poder seguir adiante. Os resultados destas preguntas determinan a 1ª nota, que hai  que facer na aula de informática.
      • A 2ª nota se corresponderá co exame escrito correspondente.
      • A 3ª nota se corresponde ca práctica correspondente no obradoiro.
      En caso de suspender algún dos dous bloques (instalacións en vivendas ou electrónica analóxica) a recuperación consistirá en realizar o test global que aparece na páxina de tecno12-18.

      sexta-feira, 3 de setembro de 2010

      Noitarega:Xosé Oliveira, Telmo Costas, Fernando Costas, Manuel Alonso e Xosé María Gutiérrez

      Falar de Noitarega non é falar dun grupo novo, é falar dunha banda lendaria dentro do panorama da música tradicional galega que soubo gañarse a pulso o respecto e cariño do público. Pasou xa moito tempo dende aquel ano 1989 no que Xosé Oliveira, Fernando Costas e Xosé María Gutiérrez fundaron o grupo resistindo ao paso do tempo dun xeito máis que digno. Precisamente, para conmemorar os seus 21 anos de existencia, Noitarega ofrécennos “XXI”, un disco gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijoó e do mesmo grupo que, fiel ao seu estilo, nos amosa a clara evolución da banda e que conta cunhas colaboracións de luxo: Anxo Pintos (Berrogüetto), Ernesto Campos, Xaime Estévez (Os Terribles de Donas) ou Luís “O Caruncho”, entre outros.
      Ao longo destes anos Noitarega foi colleitando numerosos premios, como os do Concurso Folclórico “Sementeira” de Cambre ou o Concurso de Gaitas de Ponteareas, ofrecendo innumerables actuacións tanto por toda a xeografía galega e española (Auditorio Caixanova de Vigo, Festival Internacional de Mérida, Expo 92 de Sevilla, Casa de Galicia de Madrid, Palau de Congressos de Montjüic de Barcelona, etc.), coma en Francia (Burdeos), Portugal (Lisboa) ou mesmo nos Estados Unidos (Nova York, Nova Jersey ou Connecticut), compartindo escenario con artistas da talla de Berrogüetto, Luar na lubre, Xosé Manuel Budiño ou Susana Seivane, e consolidándose como un dos maiores expoñentes da música tradicional galega e como un embaixador da cultura galega por todo o mundo.
      Musicalmente falando, tanto os concertos como os traballos discográficos do grupo veñen ser un fito no que respecta a unha nova interpretación da música tradicional galega, xunguindo o sabor do tradicional con novas e rechamantes opcións instrumentais e interpretativas, todo isto conseguido cunha base instrumental netamente autóctona (gaita, zanfona, tamboril, bombo, pito pastoril, requinta, tarrañolas, culleres, pandeireta, ferriño, pandeiro, etc.) máis realizando uns arranxos totalmente anovadores, como a combinación de gaitas en diferentes tons, zanfona con pito e requinta ou misturas de diferentes aparellos percusivos.


      Podes ver o vídeo do seu tema Muiñeiras




      Para descargar este vídeo en formato 3gp e levalo no teu móbil, clica aquí


      Agradecer a colaboración de Xosé Oliveira, músico e mestre de músicos, un dos gaiteiros que nos fixeron namorar da música hai anos (uns pouquiños...), e agradecer tamén a Noitarega o pracer que nos proporciona comprobar que hai cousas que nunca cambian, como a música tradicional tocada co agarimo con que o facedes vos.

      segunda-feira, 14 de junho de 2010

      Bellón Maceiras- Novo Disco- Folk Fusión

      O proxecto BellónMaceiras Quinteto nace no ano 2005, a partir da unión musical do gaiteiro Daniel Bellón e o acordeonista Diego Maceiras. O seu profundo coñecemento da música tradicional galega, xunto ás súas inquedanzas artísticas e o gusto polas músicas doutros países fan que desde o principio este dúo fusione sen medo ritmos e melodías de distintos lugares, facendo música do mundo desde Galiza. A banda está formada por Daniel Bellón (Gaita, Saxo), Diego Maceiras (Acordeón, Acordina) Juan Cabe (Guitarra) Juan Tinaquero (Bajo) y Miguel Lamas (Batería). Benvidos ó Folk Fusión! BM5 achéganos a un novo estilo musical moi orixinal, cunha fusión entre o novo folk, diversas músicas tradicionais e o jazz. A gaita e o acordeón acompáñanse do contrabaixo, guitarra, batería e saxofón para ofrecer unha viaxe polo mundo de 90 minutos de duración a través de melodías galegas, ritmos peninsulares, balcánicos, tangos, valses franceses e un amplo surtido de composicións propias.

      quarta-feira, 19 de maio de 2010

      Día das Letras Galegas 2010


      17 de maio 2010
      Día das Letras Galegas, adicado a Uxío Novoneyra, o poeta do Courel.











      Aquí tedes un vídeo, feito con fotografías de algunhas das actividades feitas ese día:obradoiro de instrumentos tradicionais, karaoke, actuacións, partido de fútbol, obradoiro de hip-hop con García MC....
      A música do vídeo é o tema Licor café, do grupo Lamatumbá.



      De videos

      Si queres descargar as fotos, clicando nesta presentación entras no álbum web donde están aloxadas.