Aquí temos uns vídeos nos que os alumnos de 1º Bach tentan explicar algúns conceptos da Web 2.0 e as Redes Sociais(menos mal que xa sabíamos o que eran...).
Nesta entrada do blogue hai vídeos sobre xeolocalización e xeoreferenciación.
Adrián Chamorro: algunhas veces traballa, sobre todo si está dentro da aula, feito pouco común. Para definir a súa personalidade: parar o vídeo ó principio, arrastrar o cursor e deixalo na primeira imaxe.
David Rodríguez: non se entende moi ben qué é RSS, pero explica duas ideas profundas: nas mans hai dedos e hai un señor mudo en Internet que as move moito.
Rubén Alfaya Fernández: este vai doutro señor, que non ten mans, pero comenza a escribir en castelán e remata en inglés. Se non te enteraches tampouco do que é o RSS, disfruta da música polo menos.