
Clicando na imaxe podes acceder a sua páxina web.
Tipo de Actividades:
- Visitas guiadas, tanto polo parque (visita ós aeroxeradores, Ruta das Pedras, Ruta do Vento e mámoas) coma polo interior das instalacións (paneis explicativos, maquetas, enerxías renovables e solar, pila de combustible, Sala de Eficiencia Enerxética e sala de control).
- Desenvolvemento de clases, tanto divulgativas coma técnicas, en relación coas distintas enerxías.
- Proxección de vídeos técnico-divulgativos sobre as enerxías renovables e a eficiencia enerxética.
- Para alumnos de primaria, secundaria, e F.P. realización de obradoiros lúdico-técnicos, así como a realización de diferentes xogos interiores ou exteriores dependendo das condicións meteorolóxicas.
- Posibilidade de que os propios profesores impartan clases no auditorio, que se complementarían cunha visita práctica ás instalacións.
- Aforro no uso da iluminación
-
Con esta aplicación podes comparar distintos parámetros eléctricos dos principais sistemas de iluminación.
Ademais, permite calcular o aforro económico e medioambiental ao cambiar lámpadas convencionais por lámpadas máis eficientes, e extrapolar estes datos a nivel galego e español.
[Entrar] Consumo en espera e oculto no fogar