sexta-feira, 11 de dezembro de 2015

Sistemas operativos 1: Presentación en Open Office Impress

Presentación en Open Office Impress
  • Actividade 3 páxina 82. Máquinas virtuais Virtual Box e VMWare. Hai que buscar información na rede, en calquera páxina agás en Wikipedia.
  • Seguindo as indicacións das páxinas 229-245, fai unha presentación en Open Office Impress de 10 diapositivas, 5 para cada máquina virtual.  Ademáis unha primeira diapositiva adicional debe incluir nome do alumno, nome do traballo, curso, data e o nome IES Val do Tea. Tamén debe aparecer o tema musical empregado e o nome do grupo que o toca.
  • A presentación debe incluir:
    • 10 transicións distintas entre as 11 diapositivas. A presentación debe avanzar soa, seleccionando "Avanzar diapositiva automáticamente" durante o tempo necesario para poder visualizala.
    • Un tema musical de música galega non tradicional. Debe soar durante toda a presentación. Para que sexa así hai que inserilo na primeira transición e marcar a casiña "Repetir ata o seguinte son". Podes buscar música na seguinte ligazón e descargala a mp3 de Youtube dende aquí.
    • Unha UNICA ligazón a algún sitio web onde se fale das máquinas virtuais (de unha delas é suficiente).
    • Un UNICO vídeo onde se fale das máquinas virtuais (de unha delas é suficiente). Duración aprox. 2 minutos. Para descargalo de Youtube con Mozilla podes empregar DownloadHelper dispoñible aquí.
    • En cada diapositiva debe haber texto e algunha imaxe (excepto na diapositiva na que hai vídeo, nese caso non debe ir imaxe). 
    • En cada diapositiva debe haber unha UNICA animación no texto ou na imaxe. Todas as animacións deben ser distintas. Para que a presentación avance soa nas animacións hai que seleccionar "Avanzar despois do anterior" no efecto seleccionado.
  • O formato de texto,tamaño de letra e cores empregadas é libre, pero debe existir proporción entre imaxes e texto. 
  • Crea un cartafol en Google Sites co nome "Máquinas virtuais" para subir a presentación (o nome do arquivo será "Máquinas virtuais"+nome+1ºapelido+curso), o vídeo e a música. O cartafol debe permitir o acceso só ó alumno e á profesora (mediante o meu email) para editar. En caso que o tamaño do arquivo non permita subilo a Google Sites podes empregar Dropbox.
  • Crea unha entrada no teu blog co título "Máquinas virtuais" e dentro dela inclúe un texto con ligazón a o cartafol de Google Sites onde deben estar a presentación, o vídeo e a música.

quinta-feira, 10 de dezembro de 2015

Sistemas operativos 2: Presentación en Slide Share

Presentación en Slide Share
  • Debes realizar unha presentación onde desenroles os seguintes conceptos das páxinas 58 e 59 do libro (non é necesario buscar información adicional):
    • Funcións do Sistema Operativo.
    • Compoñentes do Sistema Operativo.
  • Empregrando Slide Share (páxina 246 do libro), fai unha presentación  de 10 diapositivas aproximadamente.  Ademáis unha primeira diapositiva adicional debe incluir nome do alumno, nome do traballo, curso, data e o nome IES Val do Tea.
  • A presentación debe aproveitar ó máximo os recursos da prataforma (Slide Share) porque o que se valorará será que a información se transmita de xeito claro e conciso, ademáis de visualmente atractivo.
    •  O formato de texto,tamaño de letra, imaxes e cores empregadas é libre, pero debe existir proporción entre imaxes e texto.
    • Crea un cartofol en Google Sites co nome "Funcións e compoñentes do S.O." para subir a presentación, o vídeo e a música. O cartafol debe permitir o acceso só ó alumno e á profesora (mediante o meu email) para editar.
    • Crea unha entrada no teu blog co título "Funcións e compoñentes do S.O." e dentro dela inclúe un texto con ligazón a o cartafol de Google Sites onde deben estar a presentación, o vídeo e a música.

    quarta-feira, 9 de dezembro de 2015

    Sistemas operativos 3: Presentación en Issuu

    Presentación en Issuu
    • Debes realizar unha presentación onde desenroles os seguintes conceptos das páxinas 60 e 61 do libro (non é necesario buscar información adicional):
      • Familias de Sistemas Operativo.
      • Distribución Live.
      • Tipos de Sistemas Operativos.
    • Empregrando Issuu (páxina 246 do libro), fai unha presentación  de 10 diapositivas aproximadamente.  Ademáis unha primeira diapositiva adicional debe incluir nome do alumno, nome do traballo, curso, data e o nome IES Val do Tea.
    • A presentación debe aproveitar ó máximo os recursos da prataforma (Issuu) porque o que se valorará será que a información se transmita de xeito claro e conciso, ademáis de visualmente atractivo.
    • O formato de texto,tamaño de letra, imaxes e cores empregadas é libre, pero debe existir proporción entre imaxes e texto. 
    • Crea un cartafol en Google Sites co nome "Familias, distribucións e tipos de S.O." para subir todos os arquivos da presentación.
    • Crea unha entrada no teu blog co título "Familias, distribucións e tipos de S.O." e dentro dela inclúe un texto con ligazón a o cartafol de Google Sites onde deben estar todos os arquivos da presentación. O cartafol debe permitir o acceso só ó alumno e á profesora (mediante o meu email) para editar.
    •  Inserta o código html da tua presentación para visualizala na entrada anterior.

    terça-feira, 8 de dezembro de 2015

    Sistemas Operativos 4: Presentación en Google Drive

    Presentación en Google Drive
    • Debes realizar unha presentación onde desenroles os seguintes conceptos das páxinas 62 e 63 do libro (non é necesario buscar información adicional):
      • Aplicacións Informáticas: Escritorio,Web e Apps.
      • Licencias de software.
    • Empregrando Google Drive (páxina 247 do libro), fai unha presentación  de 10 diapositivas aproximadamente.  O traballo debe repartirse entre os compoñentes do grupo e traballar simultáneamente no mesmo arquivo dende as distintas contas de Google. Ademáis unha primeira diapositiva adicional debe incluir nome do alumno, nome do traballo, curso, data e o nome IES Val do Tea.
    • A presentación debe aproveitar ó máximo os recursos da prataforma ( Google Drive) porque o que se valorará será que a información se transmita de xeito claro e conciso, ademáis de visualmente atractivo.
    •  O formato de texto,tamaño de letra, imaxes e cores empregadas é libre, pero debe existir proporción entre imaxes e texto. 
    • Crea un cartafol en Google Sites co nome "Aplicacións Informáticas e licencias de software" para subir todos os arquivos da presentación. O cartafol debe permitir o acceso só ó alumno e á profesora (mediante o meu email) para editar.
    • Crea unha entrada no teu blog co título "Aplicacións Informáticas e licencias de software" e dentro dela inclúe un texto con ligazón a o cartafol de Google Sites onde deben estar todos os arquivos da presentación.
    •  Inserta o código html da tua presentación para visualizala na entrada anterior.

    segunda-feira, 7 de dezembro de 2015

    Sistemas Operativos 5: Presentación en Prezi

    Presentación en Prezi
    • Debes realizar unha presentación onde desenroles os seguintes conceptos das páxinas 66 ata 69 do libro (non é necesario buscar información adicional):
      • Instalar varios Sistemas Operativos.
    • Empregrando Prezi (páxina 248 do libro), fai unha presentación  de 10 diapositivas aproximadamente. Ademáis unha primeira diapositiva adicional debe incluir nome do alumno, nome do traballo, curso, data e o nome IES Val do Tea.
    • A presentación debe aproveitar ó máximo os recursos da prataforma ( Prezi) porque o que se valorará será que a información se transmita de xeito claro e conciso, ademáis de visualmente atractivo.
    • O formato de texto,tamaño de letra, imaxes e cores empregadas é libre, pero debe existir proporción entre imaxes e texto. 
    • Crea un cartafol en Google Sites co nome "Instalar varios Sistemas Operativos" para subir a presentación. O cartafol debe permitir o acceso só ó alumno e á profesora (mediante o meu email) para editar.
    • Crea unha entrada no teu blog co título "Instalar varios Sistemas Operativos" e dentro dela inclúe un texto con ligazón a o cartafol de Google Sites onde debe estar a presentación.

    domingo, 6 de dezembro de 2015

    Sistemas Operativos 6: Presentación en Glogster

    Presentación en Glogster
    • Debes realizar unha presentación onde desenroles os seguintes conceptos das páxinas 80 e 81 do libro (non é necesario buscar información adicional):
      • Usuarios e permisos.
    • Empregrando Glogster (páxina 252 do libro), fai un mural. Debe incluir nome do alumno, nome do traballo, curso, data e o nome IES Val do Tea.
    • O mural debe aproveitar ó máximo os recursos da prataforma ( Glogster) porque o que se valorará será que a información se transmita de xeito claro e conciso, ademáis de visualmente atractivo.
    • O formato de texto,tamaño de letra, imaxes e cores empregadas é libre, pero debe existir proporción entre imaxes e texto. 
    • Crea un cartafol en Google Sites co nome "Usuarios e permisos" para subir a presentación. O cartafol debe permitir o acceso só ó alumno e á profesora (mediante o meu email) para editar.
    • Crea unha entrada no teu blog co título "Usuarios e permisos" e dentro dela inclúe un texto con ligazón a o cartafol de Google Sites onde debe estar a presentación.