quarta-feira, 22 de setembro de 2010

Concurso de gaitas de Ponteareas, (Grazas a Malmequer)

Resultados do Concurso de Gaitas de Ponteareas

O concurso de gaitas de Ponteareas, un dos máis antigos de Galicia, outorgou o seu primeiro premio o pasado fin de semana ao grupo Rédea Solta, de Poio. O cuarteto, composto polos músicos Pablo Devigo, Óscar Ibañez, Ramón Corral e Marcos Pérez, logrou 1.800 euros.

O segundo clasificado foi Canle Dada, de Nigrán, que logrou 1.200.

Os posto terceiro e cuarto, con 900 e 600 euros respectivamente de premio, foron para os grupos Rebuldeiros, da Coruña, e Picuiña, de Marín.

Ademais, o festival deste ano, cando se cumpren 43, tamén outorgou un quinto premio consistente nun lote de material musical doado pola empresa Bannatyne Pipe Bags, que recaeu sobre o grupo Miañadura, de Madrid.

Houbo máis sorpresas ao longo da tarde, posto que o Concello de Ponteareas tamén lle concedeu un diploma a título póstumo a Constante Pérez Bermúdez, gaiteiro coñecido da parroquia de Prado, que logrou o primeiro posto no concurso de 1947. A súa familia presentou o diploma que aínda conserva, que pasou ao Museo municipal de Ponteareas.



RÉDEA SOLTA.


CANLE DADA


PICUIÑA


MIAÑADURA


OS TREBELLOS DO MORRAZO


FOL DE COIRO


Ruxe-Ruxe, descarga de balde o último

Descarga de balde o último dos RUXE en  www.ruxeruxe.com
WARNING
NA FURA DE DIANTE son quince latexos de corazón vello e consumido. Quince dentadas de animais fóra ialma, de cans doentes e vencidos, de decepcións e liortas. NA FURA DE DIANTE é un oceano terrible no que tí e máis eu loitamos por continuar a ser peixes …
TAS AVISAD@…

Primeiro videoclip extraído do 7º disco de Ruxe-Ruxe "Na fura de diante", realizado co tema Buratos.



Hora: Venres ás 21:30 - Sábado ás 1:00
Lugar: Sala Infierno  .Colón, 37 interior. Vigo


Ruxe - Ruxe
Moz@s!!! que voltamos a Vigo, e non volo podedes perder!!! Tocaremos con Skandalo GZ (http://www.myspace.com/skandalogz) na nova sala "El Infierno" (antigo Remache, rúa Colón 37)

Feeeeeeeeeeeeeeeeeeeeesta!!!!

Subida a Vigo 2010

Vídeo realizado por ouVracing |

Red Bull Autos Locos Vigo 19 sep 2010









Vídeo da carreira, realizado por xaimepacheco.



Vehículos nos boxes, antes da competición. Vídeo feito por futaxi

segunda-feira, 20 de setembro de 2010

Mecanografía

Nesta ligazón vas atopar un curso completo de mecanografía con exercicios e exames. 
Podes descargar unha versión portable (non necesita instalación e podes executala dende calquera PC ou memoria USB).
Unha vez descargada clicando na seguinte ligazón só tés que gardala no teu PC e clicar nela para comezar a escribir.

sexta-feira, 17 de setembro de 2010

Tecnoloxía 4º ESO PDC

Nesta 1ª avaliación estudaremos dous bloques da materia de Tecnoloxía en 4º de ESO: as instalacións en vivendas e electrónica analóxica, divididos cada un deles en oito temas. 
Clicando nesta ligazón dispoñedes dos arquivos necesarios, tanto a teoría como os exames correspondentes.
Os libros dixitais están nesta ligazón de tecno12-18, donde entraremos nos bloques correspondentes (cada alumno ca súa clave), realizando a versión dinámica:
  • Cada tema inclúe unhas preguntas que hai que contestar ben para poder seguir adiante. Os resultados destas preguntas determinan a 1ª nota, que hai  que facer na aula de informática.
  • A 2ª nota se corresponderá co exame escrito correspondente.
  • A 3ª nota se corresponde ca práctica correspondente no obradoiro.
En caso de suspender algún dos dous bloques (instalacións en vivendas ou electrónica analóxica) a recuperación consistirá en realizar o test global que aparece na páxina de tecno12-18.

sexta-feira, 3 de setembro de 2010

Noitarega:Xosé Oliveira, Telmo Costas, Fernando Costas, Manuel Alonso e Xosé María Gutiérrez

Falar de Noitarega non é falar dun grupo novo, é falar dunha banda lendaria dentro do panorama da música tradicional galega que soubo gañarse a pulso o respecto e cariño do público. Pasou xa moito tempo dende aquel ano 1989 no que Xosé Oliveira, Fernando Costas e Xosé María Gutiérrez fundaron o grupo resistindo ao paso do tempo dun xeito máis que digno. Precisamente, para conmemorar os seus 21 anos de existencia, Noitarega ofrécennos “XXI”, un disco gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijoó e do mesmo grupo que, fiel ao seu estilo, nos amosa a clara evolución da banda e que conta cunhas colaboracións de luxo: Anxo Pintos (Berrogüetto), Ernesto Campos, Xaime Estévez (Os Terribles de Donas) ou Luís “O Caruncho”, entre outros.
Ao longo destes anos Noitarega foi colleitando numerosos premios, como os do Concurso Folclórico “Sementeira” de Cambre ou o Concurso de Gaitas de Ponteareas, ofrecendo innumerables actuacións tanto por toda a xeografía galega e española (Auditorio Caixanova de Vigo, Festival Internacional de Mérida, Expo 92 de Sevilla, Casa de Galicia de Madrid, Palau de Congressos de Montjüic de Barcelona, etc.), coma en Francia (Burdeos), Portugal (Lisboa) ou mesmo nos Estados Unidos (Nova York, Nova Jersey ou Connecticut), compartindo escenario con artistas da talla de Berrogüetto, Luar na lubre, Xosé Manuel Budiño ou Susana Seivane, e consolidándose como un dos maiores expoñentes da música tradicional galega e como un embaixador da cultura galega por todo o mundo.
Musicalmente falando, tanto os concertos como os traballos discográficos do grupo veñen ser un fito no que respecta a unha nova interpretación da música tradicional galega, xunguindo o sabor do tradicional con novas e rechamantes opcións instrumentais e interpretativas, todo isto conseguido cunha base instrumental netamente autóctona (gaita, zanfona, tamboril, bombo, pito pastoril, requinta, tarrañolas, culleres, pandeireta, ferriño, pandeiro, etc.) máis realizando uns arranxos totalmente anovadores, como a combinación de gaitas en diferentes tons, zanfona con pito e requinta ou misturas de diferentes aparellos percusivos.


Podes ver o vídeo do seu tema Muiñeiras




Para descargar este vídeo en formato 3gp e levalo no teu móbil, clica aquí


Agradecer a colaboración de Xosé Oliveira, músico e mestre de músicos, un dos gaiteiros que nos fixeron namorar da música hai anos (uns pouquiños...), e agradecer tamén a Noitarega o pracer que nos proporciona comprobar que hai cousas que nunca cambian, como a música tradicional tocada co agarimo con que o facedes vos.