terça-feira, 23 de junho de 2009

Sotavento


Parque Eólico Experimental Sotavento.
Clicando na imaxe podes acceder a sua páxina web.


Tipo de Actividades:

  • Visitas guiadas, tanto polo parque (visita ós aeroxeradores, Ruta das Pedras, Ruta do Vento e mámoas) coma polo interior das instalacións (paneis explicativos, maquetas, enerxías renovables e solar, pila de combustible, Sala de Eficiencia Enerxética e sala de control).
  • Desenvolvemento de clases, tanto divulgativas coma técnicas, en relación coas distintas enerxías.
  • Proxección de vídeos técnico-divulgativos sobre as enerxías renovables e a eficiencia enerxética.
  • Para alumnos de primaria, secundaria, e F.P. realización de obradoiros lúdico-técnicos, así como a realización de diferentes xogos interiores ou exteriores dependendo das condicións meteorolóxicas.
  • Posibilidade de que os propios profesores impartan clases no auditorio, que se complementarían cunha visita práctica ás instalacións.
Acceso ás diversas aplicacións gráficas e interactivas, que permiten explorar aspectos relacionados coas Enerxías Renovables e coa Eficiencia Enerxética.
  • Aforro no uso da iluminación

  • Con esta aplicación podes comparar distintos parámetros eléctricos dos principais sistemas de iluminación.

    Ademais, permite calcular o aforro económico e medioambiental ao cambiar lámpadas convencionais por lámpadas máis eficientes, e extrapolar estes datos a nivel galego e español.

    [Entrar]
  • Consumo en espera e oculto no fogar

    A través desta aplicación comprobarás o consumo oculto e en espera de distintos aparatos domésticos.

    Ademais, poderás calcular o gasto económico e as consecuencias ambientais que supoñen estes consumos na túa vida cotiá e extrapolalos a nivel galego e español.

    [Entrar]


Divulgacion360.org

En divulgacion360.org encontrarás o teu espazo se...
...realizas actividades de divulgación da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.
...queres participar en accións de divulgación da ciencia e da I+D+i




Que é o Ano Europeo da Creatividade e Innovación?

O ano 2009 foi declarado pola Comisión Europea como Ano Europeo da Creatividade e a Innovación. O seu obxectivo é promover a creatividade por medio da aprendizaxe permanente, como motor da innovación e como factor chave no desenvolvemento das competencias persoais, laborais, empresariais e sociais de todos os individuos na sociedade, así como do benestar social.

Están chamados a unirse a esta celebración todo tipo de entidades e persoas que organicen actividades nos que a creatividade e a innovación se mesturan dun modo ou doutro. No ámbito estatal este Ano Europeo está coordinado por Fecyt (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), do Ministerio de Ciencia e Innovación, e en Galicia pola Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria.

Ademais de estudar, sabemos tocar música de verdade

Miguel González (trompeta) e Teresa Amoedo (saxo, ambolos dous da Banda de Música Xuvenil de Xinzo) , Adrián Porto (trompeta) e Jose Groba (percusión, ambolos dous da Banda de Música de Guláns).

Interpretan Martinica e Namoriqueira.

Podes descargalas en MP3.

Grazas a inestimable colaboración de Antonio, o profe de Música, que adicóu o seu tempo a ensaiar e grabar.
E por suposto grazas os catro intérpretes, !!uns artistas de verdade!!.

Viva Tere, Adrián, Miguel e o noso Pepiño.