segunda-feira, 27 de abril de 2009

Buscamos director de cine que lle guste a música...

¿Gústache o cine? ¿Gústache a música? ¿Serías capaz de grabar a tua propia película ca banda sonora que ti escollas? Só necesitas unha cámara de vídeo ou de fotos (ou un móvil con cámara) e ir á aula de Informática para aprender a facelo.

Hai directores de cine "serios" os que tamén lles gusta a música, como Emir Kusturica. Toca nunha banda de música chamada The No Smoking Orchestra (Emir Kusturica (guitarra), Dejan Sparavalo (violín), Nelle Karajlic (voces), Stribor Kusturica (batería), Cheda Marjanovic (percusión), Glava Markovski (bajo), Ivica Maksimovic (guitarra), Dralle Draugentaller (teclados), Goran Popovic (tuba), Nesho Petrovic (saxo) y Zoki Miloshevic (acordeón). Fan música "balcánica" (defínense a sí mesmos como Gypsy techno-rock band ) un tanto especial. ¿Onde están os Balcáns?

Podes velos no seguinte vídeo na sua última actuación en Vigo, en agosto de 2008. É un pouco longo, pero si o ves enteiro responde:
¿Serías capaz de tocar dese xeito un violín (como Dejan Sparavalo) ou unha guitarra eléctrica (como Kusta)?
¿Qué camiseta leva o cantante (Nele Karajlic) ?
¿Qué significa Ne damo Kosovo?




No Proxecto Comenius imos facer uns vídeos sobre o folclore en Galicia (costumes, festas, gastronomía, música...etc.) Debemos incluir vídeo, imaxes e música. Levará títulos relacionados cos temas, e os créditos correspondentes.

quinta-feira, 23 de abril de 2009

Manifesto a prol do galego

Queremos lembrarvos a importancia de asistir á manifestación pola lingua do 17 de maio, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística.


Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Noraboa a Pablo Paz Olivares

Noraboa a Pablo Paz Olivares, de 1º ESO B, seleccionado para a final do VII Premio Galicia Innovación Júnior 2009 , co seu "Enxizador automático para tacos de billar", na Categoría 12 a 15 anos.
Algunhas fotos...
Outra vez Noraboa!!.