terça-feira, 3 de fevereiro de 2009

Vídeo Excursión a Lugo 2008


Este "vídeo" non é tal, senón que ésta montado a partir de fotos e música, empregando o Windows Movie Maker. Para "colgalo" na Rede empregamos Google Vídeos, subindo o vídeo a través do Picasa.
Neste obradoiro montáronse uns kits de Lego (pequenos robots) e programáronse cun software específico a través dun PC.

Existen outras moitas opcións para introducirnos no mundo da Robótica, dun xeito divertido. Como exemplos:

Cucabot : diferentes tipos de robots móviles, basados nunha plataforma con rodas. No obradoiro de Tecnoloxía construimos Fotótropos e Pegatortas, con alumnos de 3º e 4º de ESO.

Observatorio Tecnolóxico Ministerio Educación: Obradoiro de Robótica con información de diversos proxectos e enlaces a páxinas interesantes.
De TIC Ies Val do Tea

segunda-feira, 2 de fevereiro de 2009

Chega Galinux

Galinux: novo sistema operativo, software libre, gratuito e en galego.
Podes ver o vídeo de presentación, descargalo e probalo sin necesidade de instalalo no ordenador ata que comprobes o seu funcionamento.

Deseño e retoque fotográfico

Un par de sitios con información sobre retoque fotográfico e deseño gráfico.


Gimp-es: moitos titoriais, trucos e efectos para Gimp (retoque fotográfico), Inkscape (deseño e debuxo) e Blender (visualización 3D). Hai foros e enlaces a páxinas con moitos trucos, recursos e cursos de distintos niveis.

Tamén dispós das últimas versións destes e outros programas de software libre (sempre software libre...)


Manual de usuario de Gimp: en castelán, descripción exhaustiva de tódos os menús, ferramentas, configuración, etc.







Curso de Gimp: sinxelo curso on-line, feito polo Instituto de Máquina Herramienta.

Fotografía

Para os aficionados á fotografía, aquí temos un recurso feito por Armando Muñoz, que nos permitirá introducirnos nese mundo. Existen varios apartados, entre eles : encuadre, luz e color, exposición...
A unidade ten un formato flash que dispón dun simulador en algunos apartados, para realizar nosas fotos (emprega a tecla v e despois as indicadas no menú).

Existe unha guía para o alumno, donde aparece o índice da unidade e unha breve explicación do seu funcionamento.